24 de dec. de 2018

O ROSAL

EXPOSICIÓN “AMIGOS DO MAR”

· Pode visitarse ata o día 20 de xaneiro de 2019, na Sala de Exposicións do Concello do Rosal  

A alcaldesa e una concelleira do Rosal, co escritor Praxíteles González e membros da xunta directiva da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”, na inauguración da Exposición  “AMIGOS DO MAR”
Fotos: Piueiro

Celso R. Fariñas * / O Rosal

 Dende o día de onte e ata o día 20 de xaneiro de 2019,na Sala de Exposicións do Concello de O Rosal, se poderá ver esta Exposición organizada pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”, ca colaboura de dito Concello, e que foi inaugurada as 12:30 do mediodía, ca presenza da Sra. Alcaldesa, parte da Directiva de “PIUEIRO”, e representantes de CULTURMAR e OR.PA.GU., acudindo tamén o escritor local, veciño de Pías, Praxíteles González Martínez, que nos contou algunhas “aventuras” das moitas que coñece vinculadas co mar na costa rosaleira.  

A exposición xa recibiu onte mesmo os primeiros visitantes

 A Sra. Alcaldesa de O Rosal, manifestou o seu agradecemento a quenes posibilitaron esta exposición no seu Concello, e así mesmo felicitou e animou a “PIUEIRO” a seguir traballando pola Cultura Mariñeira, tanto do mar como do río, recollendo imaxes, documentos, trebellos, artes de pesca, tradicións, lendas e vivencias de onte e de hoxe, para que as futuras xeracións poidan coñecer a vida dos seus devanceiros, así como tamén desexou os maiores éxitos no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará no peirao guardés do 11 o 14 de xullo de 2019. Un evento que será irrepetible, pola dificultade que significa poder concentrar nun mesmo sitio de 100 a 150 embarcacións a vela ou a remo do Alto Minho portugués, do Baixo Miño galego, Tejo-Lisboa, Euskadi, Asturias, Cantabria, Andalucia, Levante, Baleares, Catalunya, Francia, Italia, Croacia, Inglaterra, Irlanda, e outros lugares de Europa.  

Vista parcial da exposición

 Tamén se plantexou que unha vez escomencen as clases, planificar cos directores e profesores dos centros escolares, unha serie de visitas guiadas a esta exposición, e ver as posibilidades para poder facer algunha tamén aos Asteleiros do Minxos (Astilleros del Pasaje) a fin de que os escolares poidan ver como se constrúe un barco tradicional, como é o caso do Volanteiro, que está construindo PIUEIRO, reproducindo un tipo de embarcación que desapareceu fai máis de cen anos. 

* Secretario de PIUEIRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario