RELEMBRANDO A ELISEO ALONSO RODRÍGUEZ
· Un grupo de guardeses ven de presentar unha proposta de homenaxe póstuma o escritor, antropólogo, etnógrafo, poeta e xornalista goianés
Eliseo Alonso Rodríguez
Foto: Rivas / Arquivo: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Un grupo de veciños de A Guarda veñen de presentar este venres día 21 de decembro de 2018, no rexistro de entradas do Concello de A Guarda unha proposta de homenaxe póstuma o escritor, antropólogo, etnógrafo, poeta e xornalista, Eliseo Alonso Rodríguez, de cuxo pasamento o pasado día 18 de novembro cumpliuse o 22 cabodano.
Os propoñentes lembran que “ao longo de moitos anos, Eliseo Alonso colabourou en varias publicacions periódicas, xornais, emisoras de radio,..., tanto en Argentina como en España, obtendo varios galardons – entre eles o Premio Nacional de Xornalismo “Julio Camba” -, compatibilizando súa actividade xornalísitica, coa creación literaria”.
Tamén indican que “logo da súa estadía en Argentina, a presenza de Eliseo Alonso na nosa vila era moi habitual. Dese xeito, ademáis das súas colabouras na prensa escrita, mantivo unha relación moi estreita co pobo de A Guarda, en xeral, e de xeito moi especial, cos mariñeiros guardeses. Foi así como, ademais dos seus artigos en libros-programa de festas – sobor de todo nos correspondentes as Festas do Monte Santa Trega -, Eliseo Alonso publicou na imprenta J. A. Vicente Lomba, a 2ª edición de “Bajo Miño y Costa Sur”.”
Asemade relembran que “da súa relación coa comunidade de pescadores, xurdiu o libro “Gamelas y Marineros”, da súa autoría que é todo un estudo etnográfico sobre a gamela guardesa e os nosos mariñeiros de baixura, e cuxa 1ª edición viu a luz nun prelo guardés, en 1987”.
Indican tamén “que como antropólogo participou en varios congresos e seminarios, tanto en España como en Portugal, sendo co-organizador do Congreso Gallaecia que tivo lugar na nosa Vila”.
Facendo unha síntese da súa ampla biografía, salientan que que “Eliseo Alonso Rodríguez, membro correspondente da Real Academia Galega e de Honra do Grupo Arqueolóxico “García Alén”, formaba parte tamén do Instituto Galaico-Minhoto, da Asociación de Escritores en Lingua Galega,...; tivo moita relación coa Guarda e cos guardeses, e por elo sempre tiña moi presente o noso pobo, de tal xeito que súa prosa literaria contribuiu moi positivamente a difusión dos atractivos de A Guarda – foi pregoeiro dunha edición da Festa da Langosta -, o tempo que tamén apoiou os emprendedores guardeses das artes grafícas, pois na nosa Vila viron a luz as monografías sobre o pintor Antonio Fernández, e o escultor Xoán Piñeiro Nogueira, entre outras publicacions da súa autoría, e mesmo doutros autores – entre eles Fernando Quesada -, que Eliseo Alonso guiou deica noso pobo.
Que con todo, habida conta que desde o seu pasamento non se deron os pasos cara a unha máis que merecida homenaxe póstuma a Eliseo Alonso Rodríguez, coidamos que o Concello de A Guarda ten pendente con el un público recoñecemento por todo canto fixo por A Guarda, que foi moito e bo”.
Logo de expoñer un resumo dos moitos méritos contraídos por Eliseo Alonso Rodríguez, solicitan:
1º.-
Que o Sr. Alcalde – Presidente da Corporación Municipal de A Guarda, de acordo
co establecido no regulamento de Honras e Distincions, teña a ben iniciar o
procedemento para a correspondente homenaxe póstuma a Eliseo Alonso Rodríguez.
2º.-
Que ademáis dese público recoñecemento a figura humana e literaria de Eliseo
Alonso Rodríguez, se acorde adicar un espazo a súa memoria, que ben podería ser
nos xardins do Paseo Marítimo, paralelo a Rúa do Porto.
Esa é a proposta que suscreben como decimos un grupo de guardeses, que poderían ser moitos máis, pero que non é cuestión de facer unha relación exhaustiva, senón de relembrar que A Guarda ten pendente unha débeda de gratitude deica Eliseo Alonso Rodríguez, e temos á certeza que a Corporación Municipal de A Guarda vai ter, como xa ten demostrado en ocasions precedentes, á sensibilidade necesaria para levar a bó termo unha merecida homenaxe a Saíto, como adoitaban chamarse os amigos do inesquencible goianés. Todo un persoaxe que o longo de moitos anos, formou parte da nosa paisaxe mariñeira, e sen selo de nacencia, exerceu como un guardés máis, de corazón, sempre que se lle plantexou calquer cousa para o noso pobo.
parabens pola iniciativa, ben merecida para Eliseo.
ResponderEliminar