A Guarda nomeará como fillo adoptivo a Xosé Carlos Gómez Alfaro
· O sábado día 24 de novembro, ás 12:00 h., no Salón de Sesións da Casa do Concello
Infogauda / A Guarda
Tal e como avanzamos oportunamente os estimados lectores deste xornal dixital transfronteirzo, o vindeiro sábado día 24 de novembro de 2018 ás 12:00 horas, no Salón de Sesions do Concello de A Guarda, terá lugar unha sesión plenaria de carácter extraordinario cun punto único na orde do día, o Ditame de nomeamento de don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo a título póstumo do Concello da Guarda.
Este nomeamento realízase en base ao Expedente 1266/2018 baixo a proposta do instructor Celso R. Fariñas de nomear o articulista, poeta e escritor don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo do Concello da Guarda, unha vez acreditados os seus méritos e de acordo co disposto no Regulamento de Honras e Distincións do Concello da Guarda. Neste senso proponse a concesión deste título honorífico polos relevantes méritos contraídos e servizos prestados ó municipio.
En verbas do alcalde, Antonio Lomba Baz, “este recoñecemento é unha mostra de gratitude ao poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, quen, en reciprocidade ao acollemento que se lle dispensou entre nós, incorporou á Guarda no seu universo poético.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario