21 de nov. de 2018

A GUARDA

SEGURIDADE VIAL

O Concello mellora a seguridade peonil 

· Cunha nova iluminación nos pasos de peóns 

Paseo de peóns na rúa Alcalde Manuel Álvarez Vicente, onde tamén foron instalados focos led
Foto: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda ven de instalar un total de 28 focos led nos pasos de de peóns do casco urbano do municipio para mellorar a seguridade vial ao facer máis visibles para os condutores estes espazos diminuíndo o risco de accidentes. Esta actuación lévase a cabo con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e está enmarcada dentro das accións de mellora da seguridade vial que se están executando dende o concello.  

 Nesta mesma liña estanse a tomar medidas de calmado de tráfico en distintas zonas coa limitación de velocidade máxima a 30 km/h, e a instalacións de pasos de peóns sobreelevados e lombos para a redución da velocidade dos vehículos. Mesmo se contemplan actuacións integrais como a que se executará na rúa Vigo nos próximos meses na que ademais das medidas comentadas incluirá unha rotonda entre a rúa Bechos e a rúa Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario