19 de nov. de 2018

A GUARDA

O POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO SERÁ NOMEADO FILLO ADOPTIVO DO CONCELLO DA GUARDA

· O solemne acto terá lugar o sábado día 24 de novembro, ás 12:00 h., no Salón de Plenos da Casa do Concello 

O escritor, poeta e profesor Xosé Carlos Gómez Alfaro, o 26 de maio de 2005
Foto: Arquivo Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Alcalde Antonio Lomba Baz ven de subscribir o correspondente convite no que da conta que «dende o Concello da Guarda temos o pracer de convidalo ó Pleno Extraordinario para o nomeamento a Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo do Concello da Guarda, que terá lugar o sábado 24 de novembro ás 12:00 h. no Salón de Plenos da Casa do Concello.»

 O guión do solemne acto - aberto a toda á cidadanía que desexe asistir -, e no que participará á Corporación Municipal, é sinxelo, o cal non vai impedir que o mesmo tempo sexa moi emotivo. En síntese, constará da lectura, por parte do instructor do correspondente expedente de Honras a Distincións, da proposta de nomeamento de Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo da Guarda, na que se inclúe súa aprobación - adoitada en sesión celebrada en data 9 de novembro de 2018 -, pola Comisión de Honras e Distincions. E a continuación á entrega da insignia de ouro do Concello de A Guarda e o correspondente diploma, a Rosa Berta Alfaro Diéguez, viuva do articulista, escritor, poeta e profesor, Xosé Carlos Gómez Alfaro (As Chabolas, 10 de febreiro de 1949 - A Guarda, 14 de maio de 2008).

 Ademáis dunha intervención de Rosa Berta Alfaro Diéguez, tamén está prevista unha lectura de poemas de X. C. Gómez Alfaro e unha publicación conmemorativa cunha escolma de poemas en galego, extraídos dos seus libros publicados.

 Dese xeito, a vila de A Guarda, representada pola súa Corporación Municipal honra á lembranza dunha destacada figura lírica de entre séculos. Un autor - Xosé Carlos Gómez Alfaro - comprometido e solidario, que nos legou uns inigualables rexistros poéticos - elexíacos, sociais, amorosos,...- , nos que A Guarda - o igoal que súa matria ribeirá - ten por sempre, unha destacada presenza nos seus sonetos, verdadeiras alfaias de arte maior, da máis brillante poesía galega de tódolos tempos.

 Con esta homenaxe a título póstumo entendemos que non se debera poñer punto e final a merecida lembranza a Xosé Carlos Gómez Alfaro, senón que debe ser un punto e aparte, para ir pensando - sen demora - en concretar varias posibles actividades arredor da súa figura, a concretar oportunamente. En todo caso, desde Infogauda propomos á convocatoria dun premio literario que leve o seu nome, pois dese xeito non soio contribuiremos a espallar súa obra poética, senón que esta será un reto, e o mesmo tempo un incentivo, para outros autores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario