22 de out. de 2018

TOMIÑO

CULTURA

O ESCRITOR E POETA GUARDÉS FRANCISCO ÁLVAREZ ÁLVAREZ (KOKI), LEVOU SÚA CREATIVIDADE O SEIXO

· Presentou tres libros da súa autoría no Mercado Municipal de Tomiño

De esq. a der.: Xosé Leal Fariña, Sandra González Álvarez, Francisco Álvarez (Koki) e Armando Requeixo, o pasado venres no Mercado Municipal de Tomiño
Fotos: Edicions Fervenza

Así estaba a o primeiro andar do Mercado Municipal no acto de presentación dos libros de Álvarez - Koki

Ricardo Rodríguez Vicente / Tomiño

Os espazos públicos teñen máis posibilidades das que as veces coidamos. Hai moitos exemplos do que decimos. Un deles é o Mercado Municipal de Tomiño, na Praza do Seixo, en pleno núcleo urbano do concello. Alí, ademáis de todo o que podemos atopar nun mercado municipal, ten habido oco para á Cultura. Sí, con C maiúscula. Porque a Cultura tamén debe formar parte da nosa dieta cotiá xa que ademáis de alimentar o espíritu non ten ningún tipo de contraindicacións nin alérxenos.

 Dese xeito, no primeiro andar dese inmoble público, onde xa se celebraron diferentes eventos, na tardiña do pasado venres día 19 de outubro, tivo lugar á presentación de tres libros da autoría do activivista cultural, escritor, poeta e xornalista Francisco Álvarez Álvarez (A Guarda, 1957). Koki para todos os que o coñecemos e camiñamos por sendas confluintes.



 Xunto a Álvarez Koki estiveron á alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez; o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal Fariña; e o escritor, investigador e profesor Armando Requeixo Cuba.

 Tamén souberon estar os escultores Magín Xulio Picallo Durán e Xosé Antúnez Pousa, directivos de Edicions Fervenza, veciños de Tomiño, Goián, Estás,..., amigos e familiares do autor.

Francisco Álvarez Álvarez (Koki), asinando libros da súa autoría logo da presentación
  
 A presenza de toda esa cidadanía estivo motivada pola presentación de dous novos libros da autoría de Francisco Álvarez - Koki: "A memoria das palabras", unha achega en clave poética, na que o autor xungue coa rotundidade da súa métrica e súa rima, dous espazos e dous tempos; e "Vasoiras Barreiro" - con dibuxos de Antonio Martínez Martínez "Cachi") -, un libro de literatura infantil, xénero no que o escritor xa fixo con anterioridade súa persoal inmersión coa obra  "Un neno na emigración" (editado en tres idiomas: galego, español e inglés), e dirixido os lectores máis novos, e cuxa reedición tamén foi presentada o pasado venres.

 Dese xeito, unha vez máis, quedou patente que Francisco Álvarez Álvarez (Koki), é un activo autor multidisciplinar, que posúe unha longa traxectoria creativa (publicou "Lexanías", seu primeiro poemario, en 1980), tanto en galego como en castelán, e que ainda ten moito percorrido por diante. E de feito, antes do vindeiro Nadal, haberá gratas novidades. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario