22 de out. de 2018

MADRID

PREVISIÓNS PARA A SEMANA DO LUNS 22 AO VENRES 26 DE OUTUBRO  DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA

Martes, 23
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro “ARTURO BALTAR, EL CAMINANTE QUE DESHOJA PAISAJES”, de  Marifé Santiago  Bolaños, publicado pola editorial Huso. A obra, entre o ensaio e a poesía, é froito do diálogo e a amizade da autora co insigne escultor e artista ourensán. Inclúe un DVD cun completo audiovisual dirixido por Nicolás García, coa banda sonora a cargo do violín e o piano das tamén ourensás Raquel e María Luz Rivera, con pezas de Manuel de Falla.

No acto intervirán: a autora,  Marifé Santiago; Nicolás García, de CATORCE Producións; Raquel Rivera, violinista do Dúo Rivera; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e  Mayda  Bustamante, de Huso Editorial.


Xoves, 25
19:30 horas 
Presentación do libro "LA HISTORIA DE LA FILOSOFÍA -COMO NUNCA TE LA HABÍAN CONTADO”, de Marcelino  Agís Villaverde, publicado por Hércules de Edicións. O obxectivo desta obra de  Agís Villaverde, considerado unha das figuras máis brillantes da Filosofía en Galicia, é achegar a historia desta disciplina ao gran público cunha prosa atractiva e literaria, deixando ao carón os densos textos académicos, desde a filosofía antiga, medieval, renacentista, moderna e contemporánea, desde o século VI antes de Cristo ata o século  XXI.


Intervirán, ademais do autor Marcelino  Agís Villaverde, catedrático de Filosofía e director do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela; Manuel Maceiras Fafián, catedrático de Filosofía da Universidade Complutense de Madrid; Tomás Domingo  Moratalla, profesor de Filosofía da  UNED en Madrid; e Laura Rodríguez Herrera, de Hércules edicións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario