22 de out. de 2018

VENEZUELA

XOÁN PABLO NOYA ALARCÓN, EX VICE MINISTRO DE RELACIONS INTERNACIONAIS DE VENEZUELA FALECEU A PASADA FIN DE SEMANA EN CARACAS

Xoán Pablo Noya Alarcón e súa esposa, en xuño de 2017
Foto: Infogauda

Infogauda / Redacción

 Con profunda tristeza damos conta do inesperado falecemento do xoven Xoán Pablo Noya Alarcón, de 32 anos de idade, fillo dos investigadores e profesores Belkisyolé Alarcón de Noya e Oscar Noya González, do Instituto de Medicina Tropical, Facultade de Medicina da Universidade Central de Venezuela (UCV), que teñen A Guarda sempre na lembranza e sempre que poden, pasan uns días de descanso entre nós, ainda que sen deixar súas respectivas tarefas científicas.

 O óbito de Xoán Pablo Noya Alarcón tivo lugar o pasado sábado nun hospital de Caracas, logo de sofrer unha trombose coronaria.

 Xoán Pablo Noya Alarcón desenvolveu súa labor como vice ministro de Relacións Exteriores para Asia, Medio Oriente e Oceanía, do goberno de Venezuela, e como responsable de relacions internacionais da xuventude do Partido Socialista Unificado de Venezuela.

 Xoán Pablo Noya Alarcón, bisneto por vía paterna de Xoán Noya Gil, deportista, emprendedor (foi director e editor do semanario Nuevo Heraldo e propietario do bar Deportivo Guardés e da imprenta Gráficas Numen), ex membro da Corporación Municipal de A Guarda, e destacado republicano guardés, estaba moi vencellado a vila de A Guarda, e sempre que súas ocupacións llo permitían pasaba uns días na casa dos seus bisavós Xoán Noya Gil e Lola Domínguez Pacheco.

 En 2017, concretamente o domingo día 17 de xuño, tivemos oportunidade de saudalo persoalmente, cando en compaña da súa esposa, estaban ademirando as tradicionais alfombras florais e de sal, que as veciñas e colabouradores, da maior parte do itinerario procesional, teñen a ben facer co gallo da festividade do Santísimo.

 Logo de coñecer a triste nova do pasamento de Xoán Pablo Noya Alarcón, o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro fixo público no día de onte a seguinte mensaxe: 

 Lamento profundamente la partida física del joven revolucionario Xoan Noya, destacado militante de nuestra @JuventudPSUV desde su fundación. Expreso mis sentidas condolencias a sus familiares y amigos. ¡Seguiremos tu ejemplo de lucha incansable camarada!

 Pola súa banda, Diosdado Cabello, presidente da asamblea constituínte de Venezuela fíxoo nos seguintes termos:

 “Con profunda tristeza y pesar recibimos la noticia de la partida de una gran compañero, Xoan Noya, extraordinario joven militante del PSUV, a su familia nuestra palabra de solidaridad en este momento. Que viva Xoan, ¡Hasta la Victoria Siempre Camarada!”.

 Asemade, o PSUV fixo público a seguinte nota: El Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) se une al dolor que embarga a las revolucionarias y revolucionarios por la sensible partida física de:  

Xoan Noya 
Q.E.P.D.

Ningún comentario:

Publicar un comentario