27 de out. de 2018

MADRID

PREVISIÓN PARA O MARTES 30 DE OUTUBRO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA.



Martes, 30
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a Presentación do documental "Valle Inclán, la vigencia de un genio", do realizador e guionista Ágel Peláez; un paseo que percorre lugares e espazos  valleinclanianos de Madrid e Galicia da man de expertos e estudosos da súa obra xunto a directores e actores cinematográficos e teatrais que a viviron e seguen sentindo sen importar o paso dos anos.

 Tras a proxección está previsto que se realice un coloquio no que intervirán, ademais do autor do audiovisual Ángel Peláez; o director da Real Academia Española, Darío Villanueva; o bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela, Javier del Valle Inclán; e o xornalista e escritor, Carlos  G. Reigosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario