A XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DA PARROQUIA DE CAMPOSANCOS CONVOCA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Infogauda / Camposancos
O presidente e a secretaria, respectivamente, da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, veñen de facer pública a convocatoria de asemblea xeral extraordinaria que se celebrará o próximo día 27 de outubro de 2018, as 15:00 horas en primeira convocatoria e as 17:00 horas en segunda.
Lugar: Casa Cultural da Comunidade de montes.
Rúa Outeiro 40 - A (Camposancos)
Coa seguinte orde do día:
1º.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2º.- Convenio con RETEGAL (antena TVG).
3º.- Mercar unha pequena horta subida a Igrexa.
4º.- Hotel Pazo monte Trega.
Camposancos a 14 de outubro de 2018
O Presidente A Secretaria
José Fernando Martínez Martínez María Lucía Martínez Diz

Ningún comentario:
Publicar un comentario