24 de out. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

OBXECTIVO: ELIMINACIÓN DE ESPECIES INVASORAS

OS ESCOLARES GUARDESES SÚMANSE A LABOR PROMOVIDA POLA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DA PARROQUIA DE CAMPOSANCOS

Alumnas/os do Colexio San José - HH. Carmelitas en plena laboura
Fotos: José Fernando Martínez Martínez

 Infogauda / Camposancos

 A xunta reitora da Comunidade de Monte Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos ven promovendo unha campaña para tentar erradicar ás especies arbóreas invasoras, unha "herencia" que temos nos montes comunais e tamén nos de particulares, e que no caso do Monte Santa Trega, os comuneiros de Camposancos veñen desenvolvendo unha meritoria labor contra as acacias (Acacia sensu lato), en xeral, polo que á acción comprende tamén a acacia mimosa (Acacia dealbata), e tamén  a Acacia pycnanthaun, xénero de árbores pertencentes á familia Fabaceae, que foron introducidas cando a repoboación forestal do Monte Santa Trega, entre 1912 e 1919, dirixida polo inxenieiro de montes Rafael Areses Vidal, e que desde fai anos, ninguén dubida que é necesario arrincar, unha por unha.

  Desde a xunta reitora da Comunidade de Monte Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, ademáis da labor que ven desenvolvendo con medios propios (persoal contratado e traballo voluntario de comuneiros), convidou - segundo nos referiu José Fernando Martínez Martínez, presidente dos comuneiros de Camposancos - os colexios de A Guarda a participar en xornadas de eliminación das especies invasoras que asfixian os novos plantíos de árbores nobres

 O presidente dos comuneiros de Camposancos salientou que “a proposta foi moi ben acollida, e o pasado venres iniciou o ciclo o Colexio "San José HH. Carmelitas", que participou cos alumnos de 5º curso, tutelados polo profesor D. Víctor Calviño. Non temos palabras para agradecer o traballo e ilusión con que participaron. Moitas grazas

 Agora será para o próximo venres día 26 o Colexio "Manuel Rodríguez Sinde" quen colla o relevo e continúen a poñer o seu esforzo e ilusión en mellorar o noso monte. Eles cando sean maiores, serán os grandes beneficiados, si é que entre todos somos quen de eliminar esa plaga que medra como a grama nos nosos montes

 E logo sen dúbida que se irán sumando os demais colexios

Ningún comentario:

Publicar un comentario