12 de set. de 2018

LABORAL

O PERSOAL DE MADERAS IGLESIAS MANIFESTOUSE POLAS RÚAS DE VIGO

· Este xoves día 13 de setembro, celebrarán unha nova asemblea para analizar o camiño a tomar tras o novo escenario creado


persoal de Maderas Iglesias levou a cabo unha manifestación polas rúas de Vigo
Fotos: CIG

Infogauda / Vigo

 Na mañá de hoxe, o persoal de Maderas Iglesias levou a cabo unha manifestación polas rúas de Vigo, percorrendo o traxecto entre o domicilio dun dos propietarios e o edificio da Xunta de Galiza. 

Persoal da empresa Maderas Iglesias diante do domicilio dun dos propietarios 

 Fontes sindicais afirmaron a este xornal dixital que "a mobilización reafirmou a vontade de continuar a folga, que cumpre hoxe 16 xornadas, tras rexeitaren onte en asemblea o resultado da mediación ao desconfiaren das novas promesas realizadas pola dirección".  

 Este xoves día 13 de setembro, celebrarán unha nova asemblea para analizar o camiño a tomar tras o novo escenario creado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario