28 de abr. de 2026

A GUARDA

Conmemoración do 50 aniversario do Comité Local de Fútbol Infantil 


Luis Alberto Franco Lomba (Berto), Juan Videira Barcia (Nito) e Ramón Ferreira Gómez (Moncho), na exposición que pode visitarse na Casa dos Alonso

Fotos: Infogauda


A exposición está sendo visitada por persoas de todas as idades

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Co gallo do 50 aniversario do Comité Local de Fútbol Infantil, a Casa dos Alonso acolle, ata o vindeiro día 9 de maio, en horario de mañá e de tarde, unha interesante exposición - maioritariamente fotográfica - relacionada co fútbol infantil de A Guarda e súa contorna.

 A devandita mostra está organizada por unha Comisión creada expresamente para conmemorar 50 anos de fútbol infantil, e conta coa colaboración do Concello de A Guarda.

  O material que se expón está clasificado por clubs, e nela as persoas que a visiten atoparanse con fotografías de equipos de A Guarda, Baiona, O Rosal, Oia e Tomiño, así como outros materiais (banderíns, camisetas, escudos, notas de prensa, trofeos,...).

  Trátase dunha exposición que vén a refrescarnos á memoria do arduo labor levado a bo termo ao longo de medio século, por moitas persoas (directivos, organizadores, nais e pais dos xogadores, patrocinadores,...). E queremos poñer en valor que grazas a todas elas, moitos rapaces aprenderon valores, non soio deportivos - que tamén - senón educativos e sociais. 

 Vendo a bagaxe que se amosa na mostra, este cronista non soio víu fotografías de equipos de fútbol infantil, senón persoas mozas que ao coidado de seres humanos adultos altruistas, adestraron, competiron e gozaron coa práctica deportiva. E todo iso, contribuíu a que medrasen de xeito saudable entre iguais.

 Teñen moito mérito todas as persoas que fixeron posible que o fútbol infantil na Guarda e súa comarca fose unha realidade ao longo de moitos anos, nos cales á realidade daquela época non era comparable a actual. Era, sen dúbida, apta tan soio para persoas decididas.

 Por iso, no tempo que estivemos visitando á exposición viñéronnos á memoria nomes, apelidos e lembranzas de moitas persoas que dedicaron innumerables horas pola semana, e de xeito especial, os sábados e domingos, para que os rapaces practicasen o deporte futbolístico. A día de hoxe, aqueles nenos e nenas doutrora son persoas que gardan no seu fuero interno unha memoria de agradecemento as persoas que os coidaron ao longo desa etapa das súas vidas.

 Polo seu contido e vistosidade, a exposición ben merece unha visita, e con certeza que dará para moitas máis reflexións.

 Dentro do programa de actividades, queremos lembrar que o día 2 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Cultural haberá unha charla-coloquio sobre o fútbol infantil na Guarda e comarca, con participación de representantes dos clubs, dos árbitros e do Comité Local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario