27 de set. de 2018

DEPORTES

A GUARDA HOCKEY LIÑA E BANCO MEDIOLANUM RENOVAN A SÚA COLABORACIÓN

José Ramón Franco cos directivos do clube Carmen María Fernández e Miguel Baz 

 Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 O Banco Mediolanum seguirá unha tempada máis coma colaborador do clube A Guarda Hockey Liña. Nesta ocasión os xogadores e xogadoras lucirán o logotipo da entidade bancaria nos novos polos que forman parte da liña de roupa de rúa.  

De esq. a der.: José Ramón Franco, Xoel Mauri, Claudia Rial e Álex Baz 

 No acto de entrega formal das prendas estivo presente o axente José Ramón Franco, os directivos do clube, Carmen María Fernández e Miguel Baz, así coma unha representación das tres categorías nas que compite o clube, Xoel Mauri, coma Infantil, Claudia Rial coma Fémina, e Álex Baz coma senior masculino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario