27 de set. de 2018

A GUARDA

O Grupo de Goberno do Concello de A Guarda destaca o bo funcionamento do mercado dos sábados no entorno da Alameda  

O alcalde de A Guarda e a concelleira de Comercio, o pasado sábado no mercado semanal de A Guarda
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda ven de relembrar que "o pasado sábado día 22 de setembro o mercado semanal retomou a súa actividade despois de terse suspendido na anterior semana, por mor do inicio das obras de Concepción Arenal e pola actividade da II Mostra Asociativa".  


 As devanditas fontes salientan que "na xornada do sábado a afluencia ao mercado semanal foi excepcional. Moitos veciños da Guarda, localidades próximas e visitantes aproveitaron para facer as súas compras na vila e, tanto os comerciantes coma visitantes, valoraron moi positivamente este novo emprazamento, empregando as rúas Rosalía de Castro e a parte alta - Transversal Troncoso - da Alameda".  

 Dende a Concellería de Comercio, Montserrat Magallanes Álvarez, indica que "despois da valoración dos distintos espazos propostos na mesa de comercio, informa de que este será o emprazamento do mercado, tralo remate das obras da rúa Concepción Arenal".

Ningún comentario:

Publicar un comentario