NOVO CURSO ESCOLAR
· Todo a punto na Guarda para seu inicio
Un operario municipal traballando na substitución de pasamáns no Colexio das Solanas
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
«O Concello da Guarda ven de rematar os traballos de mantemento e posta a punto dos 4 centro educativos públicos baixo responsabilidade do Concello, o Colexio da Sangriña, o Colexio das Solanas, o Colexio Manuel Rodríguez Sinde e a escola unitaria de A Gándara». Dese xeito se informa dende o executivo municipal do concello guardés.
As mesmas fontes indican que «durante todo o verán un operario municipal traballou nestes catro centros en diferentes tarefas de mantemento como o pintado de aulas, revisión das instalacións eléctricas, revisión e posta a punto das griferías e dos baños e aseos, reparación das tarimas de madeira das aulas, substitución de pasamáns, limpeza de patios e xardíns exteriores, así como a instalacións de novos corchos nas paredes, recheo de areeiros dos patios ou a reposición de tellas rotas dos tellados dalgúns centros.
Interior dunha aula donde foi substituída á tarima de madeira de pintadas ás paredes
Dende a Concellería de Educación do Concello da Guarda fíxose un esforzo extraordinario para que os alumnos e alumnas atopen os seus respectivos centros educativos nas mellores condicións para iniciar este novo curso escolar».
No día de hoxe persoal municipal iniciou as obras de reparación do muro exterior do Colexio das Solanas
Asemade «dende o Concello da Guarda recórdase á Delegación territorial de Pontevedra da Consellería de Educación da Xunta de Galicia que non é competencia do Concello realizar obras maiores nestes centros e que se deben de atender estas demandas para o benestar dos alumnos e alumnas guardeses. No día de hoxe iniciáronse as obras de reparación do muro exterior do Colexio das Solanas, unhas obras que non son de mantemento, polo que deberían de ser acometidas pola citada institución, pero que as está levando a cabo o Concello ante o inicio do novo curso escolar, e despois de non solventarse nin ter contestación para unha solución nos pasados meses.
Do mesmo xeito reclámase dende o Concello da Guarda melloras no acondicionamento dos baños e aseos do CEIP As Solanas, o arranxo o substitución da cuberta do patio do Colexio M.R. Sinde, así como a adecuación dun baño/aseo do CEIP da Sangriña, recordando que se trata, na súa maioría de centros con máis de 25 anos de antigüidade, e que precisan de estas importantes obras, destacando a falla de inversión nos centros educativos do municipio por parte de Educación, cando noutros termos municipais da bisbarra si que se inviste máis diñeiro público, quedando os centros educativos guardeses abandoados pola Consellería de Educación».
Ningún comentario:
Publicar un comentario