O Concello de A Guarda impulsa a empregabilidade e a formación
· Os días 25, 26 e 27 de outubro cunhas xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía baixo o proxecto Tecnoimaxín
Infogauda / A Guarda
A Guarda acollerá os vindeiros 25, 26 e 27 de outubro unhas xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía baixo o proxecto Tecnoimaxín.
Esta Feira do Emprego e Formación chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, dirixida a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño, con accións formativas, ponencias e mostra de empresas, así como unha novidosa feira fabricante, onde varias empresas emerxentes amosarán as súas novidades.
Os días 25, 26 e 27 de outubro son as datas escollidas para desenvolver este evento que arranca o xoves con obradoiros de mañá e conferencias de tarde, que versarán sobre as capacidades e actitudes necesarias para afrontar un mundo laboral dixital e tecnolóxico.
O venres será a quenda da feira fabricante no que a robótica terá un lugar destacado e xa o sábado presentaranse as empresas da comarca, que teñen un elemento innovador e diferenciador, apostando polas novas tecnoloxías nos seus proxectos empresariais.
O proxecto conta cunha páxina web na que se irá ampliando informacións de interese sobre esta Feira do Emprego e Formación, que aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario