PASEO LITERARIO E TOPONÍMICO POLA RÍA DE VIGO E A ILLAS CÍES
Sábado, 29 de setembro de 2018
IEM / Vigo
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o paseo literario "Fantasía e realidade de Verne en Vigo, II: "A ría de Vigo e illas Cíes", guiado por Eduardo Rolland (experto no autor Jules Verne e Ledicia Costas (autora da novela "Jules Verne e a vida secreta das mulleres plantas"). Durante a travesía leranse pasaxes do capítulo 'A badía de Vigo' de '20.000 leguas baixo dos mares', xunto á narración da batalla de Rande seguindo o guión do propio capitán Nemo a bordo do Nautilius e da vida secreta das mulleres planta".
-Visita ao miradoiro, na ruta do Alto do Príncipe. Conversa arredor de Jules Verne e o empresario vigués Antonio Sanjurjo Badía. Narración da fantasía desta relación e da realidade dos feitos históricos.
-Visita ao faro. Narración da entrada do Nautilus na ría de Vigo o 18 de febreiro de 1868 así como das dúas visitas a Vigo de Jules Verne a bordo do 'Saint Michel III'. Explicación de curiosidades da Illa Sur na ficción literaria das mulleres planta.
Data: sábado, 29 de setembro de 2018
9.00h: reunímonos no embarcadoiro
9:30h: saída do barco cara ás Cíes
11.00 a 14.00h percorrido polas illas de Monteagudo e do Faro guiado.
Tempo libre a seguir ate as
17.00h: reunímonos no embarcadoiro.
17:30h: saída rumbo a Vigo.
Prezo: 10 euros (travesía e paseo. Non inclúe a comida. Pódese xantar nos restaurantes das illas).
Reservas de praza:
a) Dende o 17 de setembro, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoráns).
b) Teñen que indicar o nome e apelidos, o documento de identidade e a idade e máis un teléfono de contacto.
c) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente:
2080.5035.07.3040014164 de ABANCA
d) No "concepto" do depósito debe constar a indicación "Cíes" acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgasen na reserva telefónica. Logo hai que enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico oficina@iem.gal
e) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 24 de setembro, será eliminada esa reserva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario