A SAN SILVESTRE GUARDESA REUNÍU A UNHAS 200 PERSOAS
Infogauda / A Guarda
A carreira San Silvestre - evento deportivo organizado polo Concello de A Guarda coa colaboración da Sociedade Atlética do Trega -, arrancou na mañá deste último domingo de 2024, en ambiente festivo e familiar. O porto de A Guarda acolleu a saída e a meta da carreira popular en homenaxe a Daniel González Adrover (Dani), coa asociación Un sorriso que ilumine o mundo.
Participaron case 150 corredores e unhas 50 persoas na andaina, entre pequenos, grandes e mesmo participantes de catro patas ou sobre rodas. Todos desfrutaron dunha mañá de deporte cunhas vistas únicas e nun entorno privilexiado.
O Concello de A Guarda dálles os parabéns a todos os participantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario