ÚLTIMOS DÍAS PARA VISITAR A EXPOSICIÓN SALCIDOS EN BLANCO Y NEGRO
· Na mostra poden verse 600 fotografías en gran formato cun especial sobre as Telleiras de Salcidos, contando con imaxes e ferramentas dos telleiros
Antonio Fontela Martínez / Salcidos
En soamente tres días de apertura a exposición supera os 250 visitantes e agárdase superar os 600 nos próximos días. Na mostra poden verse 600 fotografías en gran formato cun especial sobre as Telleiras de Salcidos, contando con imaxes e ferramentas dos telleiros.

Os horarios para esta fin de semana son o sábado de 11:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 21:30 horas, e o domingo, día da festa da parroquia de 11:00 a 13:00 horas e, a pesar de que non estaba previsto abrir de tarde, co fin de facilitar que aqueles que desfruten da sobremesa de San Roque podan logo achegarse a recordar e desfrutar coa exposición, abriremos tamén de 18:00 a 21:30 horas. Esperamos así poder adaptarnos as necesidades de todos aqueles que queiran desfrutar do pasado de todos os salcidenses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario