Movemento Oia. En Marea critica o goberno municipal pola súa parálise
Vista do Mosteiro de Oia. Unha xoia cisterciense que se cai o chán pola desidia institucional
Foto: Infogauda
O Concelleiro do Grupo Mixto Municipal de Oia critica ao goberno pola súa parálise ante os problemas do mosteiro, por aplicar unha política populista de cara aos veciños e por non cumprir a lei de patrimonio de Galicia.
Logo de impulsar un acordo aprobado por unanimidade por toda a corporación municipal para catalogar o entorno do mosteiro como conxunto histórico artístico, Vila Mariñeira; e tras a proposta de acordo tamén por unha unanimidade sobre a moción de expropiación presentada no pasado pleno da corporación do 21 de Decembro de 2017 pola plataforma S.O.S. Mosteiro.
Dende o Grupo Mixto Municipal presentouse no ultimo pleno unha moción cunha SOLICITUDE XURÍDICO TÉCNICA Ó CONCELLO PARA QUE CUMPRA A LEI DE PATRIMONIO E INSTE A XUNTA A EXECUTALA.
Sometido o asunto a votación, co concello en Pleno, a moción non foi aprobada con 4 votos a favor dos concelleiros de Converxencia Galega e Grupo Mixto, unha abstención do PSOE e 5 en contra do PP e do voceiro do PSOE.
Dende o grupo mixto non entendemos a falta de rigor e cambio de posturas polos grupos políticos e insistimos na necesidade de que o concello de Oia adopte as medidas cautelares necesarias para salvagardar e recuperar os bens que ven a súa integridade e valor ameazados.
Denunciamos que os derrubos do tellado do Mosteiro do 8 de decembro e o do catorce de xaneiro constitúen un grave dano a súa integridade. Estes son consecuencia do incumprimento da lei e do deber de conservación por parte do propietario.
Os artigos 3.2.b da lei do patrimonio cultural de Galicia obriga ó concello establecer medidas cautelares.
Dende Movemento Oia insistimos que se remita a correspondente instancia á Xunta de Galicia comunicando os feitos relatados e inste para que se aplique o artigo 51. así como as sancións pertinentes que marca a citada lei ante as gravísimas infraccións inxustificadas que atentan contra o noso Patrimonio.
Unha situación que o Concelleiro do Grupo Mixto de Oia considera insostible por non garantir o futuro do Cenobio, como esixiron os veciños do municipio que o pasado mes de decembro de 2017 presentaron unha moción reclamando a expropiación do mosteiro que tamén foi aprobada por toda a corporación municipal en maioría. por un cambio de rumbo que sacase ao mosteiro do inmobilismo.
Movemento Oia. En Marea.
(R.)
XOÁN LOIS VILA, VOCEIRO DO GRUPO MIXTO MUNICIPAL DO CONCELLO DE OIA PRESENTOU UNHA SOLICITUDE NO CONCELLO PARA QUE CUMPLA A LEI DE PATRIMONIO E INSTE A XUNTA A EXECUTALA
Movemento Oia. En Marea.
(R.)
XOÁN LOIS VILA, VOCEIRO DO GRUPO MIXTO MUNICIPAL DO CONCELLO DE OIA PRESENTOU UNHA SOLICITUDE NO CONCELLO PARA QUE CUMPLA A LEI DE PATRIMONIO E INSTE A XUNTA A EXECUTALA
Ningún comentario:
Publicar un comentario