CULTURA
Xosé Carlos Gómez Alfaro, o día 30.09.2005, no salón de actos do Centro Cultural de A Guarda, asinando exemplares do seu poemario Confíteor
Foto: Infogauda
Foto: Infogauda
Jaime Moreda * /O Ribeiro
Alá polo 2011 formouse un colectivo, Por Un Ribeiro Poético, un tándem formado por José Luis Chao e Jaime Moreda Santamaría. Foi a José Luis a quen se lle ocorreu o entrañable nome deste colectivo e tamén foi súa a idea de adicar un evento literario, principalmente poético, anual, a Gómez Alfaro.
Este tándem foi quen organizou durante os cinco primeiros anos este evento anual co nome de Por Un Ribeiro Poético: Xornadas Literarias Xosé Carlos Gómez Alfaro co patrocinio de Bodegas Docampo. Evento que naceu co fin de por unha parte, promocionar e incentivar as novas xeracións de poetas convertindo a Ribadavia nun futuro próximo nunha plataforma para a súa expresión e, por outro lado, que esta cita anual sirva para un coñecemento e contacto entre esas novas xeracións e escritores, personalidades da cultura e poetas máis consagrados, apostando deste xeito pola poesía escrita en galego e en directo xa que os recitais poéticos terán unha importante presencia amén doutras actividades.
É, certamente, houbo recitais, presentacións de libros, conferencias e homenaxes, maxia... aínda que a pouca afluencia de público foi case unha tónica xeral durante os cinco primeiros anos. Un pouco cansos desta tónica ribadaviense hacia a os eventos organizados por Por Un Ribeiro Poético, tratamos de idear un evento no cal participase un nome importante, neste caso, Amancio Prada, mais o patrocinador privado non aceptou o proxecto.
Decidimos, logo, organizar un recital aberto ese quinto ano e tratar de involucrar a máis xente no proxecto. O recital foi na taberna do Papuxa. Involucrar a máis xente e facer unha asociación para así poder optar a subvencións para agrandar o proxecto, asociación que aínda non se formou. Tomou o liderazgo Mayka Vilar Álvarez quen, con certas axudas, organizou os dous seguintes anos o evento anual, Por Un Ribeiro Poético.
Aquí chegamos xa ao 2018 e a oitava edición de Por Un Ribeiro Poético: Xornadas Literarias Xosé Carlos Gómez Alfaro terá lugar o xoves día 16 de agosto, ás 18:00 h., en Beade (Ourense).
* Cofundador do colectivo Por Un Ribeiro Poético
Ningún comentario:
Publicar un comentario