15 de ago. de 2018

A GUARDA

A EXPOSICION “AMIGOS DO MAR” XA FOI VISITADA POR MÁIS DE 6.300 PERSOAS


Celso R. Fariñas * / A Guarda

 Desde que a mediados do mes de xullo, abrimos a exposición que instalamos no local que fora Efectos Navales “Guadalupe” no Paseo do Porto, a afluencia de visitantes foi máis que satisfactoria e superou as espectativas que dende Piueiro nos habíamos feito.

 E de destacar que algún fin de semán superamos as 1.200 visitas, o que nos levou a contabilizar e non de xeito contínuo, unha cantidade estimada a baixa, de máis de 6.300 entradas, tanto de turistas como guardeses/as que acudir a botarlle unha ollada as artes e intrumentos da historia de pesca do noso pobo, así como as diversas fotografías de distintas artes e persoaxes do mar de A Guarda.

 Queremos agradecer a tódalas persoas que trala visita a exposición, nos fixeron entrega de redes, palangres e outros aparellos de pesca que tiñan nas súas casas, asi como tamén a aportación de fotos de familiares, e persoales, que provocaron que se tomara o acordo de ir cada 15 días rotando as expostas e manter as anteriores nún album para que poidan ser vistas por aqueles que acuden a dita mostra que permanecerá aberta ata o mes de setembro, e que será relevada pola que se instalará na Casa dos Alonso a partir do día 22 de dito mes, e que hoxe en día está exposta no Museu Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim. 

Luis Acevedo Pacheco, veterano pescador de A Guarda, botándolle unha ollada á Iª Mostra Amigos do Mar
Foto: Infogauda

 Así mesmo, anunciar que a excursión que se programou para o domingo día 26 a Póvoa de Varzim, está prácticamente completa, a excepción de confirmación de catro persoas que están apuntadas, esperando poder pasar un dia diferente, coñecendo un dos pobos máis vinculados o mundo da pesca cos  nosos mariñeiros.  

*  Secretario da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais “PIUEIRO” 

Ningún comentario:

Publicar un comentario