22 de ago. de 2018

A GUARDA

«Raíces Celtas en la Amazonía venezolana» 

· Unha suxerente exposición de fotografías do Dr. Oscar Noya-Alarcón que nos achega á beleza e a humanidade da selva amazónica    


O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, o Dr. Oscar Noya-Alarcón e a concelleira de Cultura Mª Elena Baz Rodríguez, no acto de apertura da exposición
Fotos: Infogauda
Vistas parciaís das persoas que asistiron á inauguración 

Infogauda / A Guarda

 O martes día 21 de agosto de 2018 realizouse a inauguración da mostra fotográfica «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» da autoría de Oscar Noya-Alarcón.   

 Na inauguración, que tivo lugar na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda, interviron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz - que estivo acompañado pola concelleira de Cultura Mª Elena Baz Rodríguez - e Oscar Noya-Alarcón, autor das fotografías realizadas no continente americano, durante o seu traballo coma doutor na erradicación da oncocercosis, unha enfermidade que afecta a numerosas comunidades illadas da amazonía.  

 Na súa intervención, Antonio Lomba Baz, alcalde da Guarda dixo: «A familia Noya é moi querida na Guarda e considerada guardesa por todos nós. Moitos coñecémola dende nenos, algúns dos que estamos aquí fomos ou somos veciños da casa dos Noya. Dende fai anos coñezo a actividade que Oscar e o seu pai desenvolven no Amazonas venezolano. A primeira vez que os escoitei falar do seu traballo quedei sorprendido da normalidade que falaban de algo que a min me parecía extraordinario. 

 Considero que a exposición é un acerto e unha satisfacción para o concello tela na Guarda, por un lado polo valor documental das propias fotografías e por outro porque ven a dar a coñecer aos guardeses o importante traballo que Oscar está a desenvolver en Venezuela. 

 Estámoslle moi agradecidos por poñela en marcha. 

 Felicidades Oscar, fas unha labor apaixoante»

 Deseguido interviu o Dr. Oscar Noya-Alarcón, autor das fotografías expostas agradeceu, en primeiro lugar, a magnífica acollida dispensada polo Concello de A Guarda, tanto por parte da concelleira de Cultura, Mª Elena Baz como por Teresa Espejo e Manuel Álvarez. Tamén confesou que esta súa primeira exposición de fotografías, e que para el é un honor poder facela na Guarda.

 Asemade, o Dr. Noya-Alcarcón comentou que ás fotografías - agás dúas que son de A Guarda - «(...) hermoso pueblo donde he pasado maravilloso momentos en la niñez, la adolescencia, el presente y seguro el futuro» -, foron feitas naqueles lugares da selva amazónica venezolana onde coa colaboración do Ministerio de Salud y Desarollo Social (MSDS), da República Bolivariana de Venezuela, desenvolve súa labor profisional na loita contra a oncocercosis, e a onde chegan por medio de pequenos avions, helicópteros ou tamén en pequenas embarcacions, para levar os tratamentos axeitados para combater esa enfermidade. 

 Ao acto de inauguración asistiron case medio centenar de persoas, de diversas procedencias (O Rosal, Venezuela, República Dominicana, A Guarda,...) que amosaron gran interese por unhas instantáneas recollidas en espazos pouco habituais para nos, a selva amazónica.   

 Nesta mostra os visitantes poden apreciar fotografías en cor que amosan o traballo en operacións de asistencia sanitaria a comunidades indíxenas illadas, sobre todo poboacións yanomamis da Amazonía venezolana, así coma dúas fotografías da vila da Guarda, onde o autor ten moitos familiares e coñecidos, e tamén varias pezas etnográficas feitas por indíxenas de diferentes comunidades do Estado Indígena de Amazonas.

 O Doutor Oscar Noya-Alarcón, venezolano e español de ascendencia guardesa, é un médico parasitólogo do Centro Amazónico de Investigación y Control de Enfermedades Tropicales (CAICET) e asociado ao Instituto de Medicina Tropical, traballa dende fai 10 anos no Programa de eliminación de oncocercosis no foco sur de Venezuela, último reduto no continente americano (xunto con Brasil) dunha enfermidade parasitaria que envellece a pel e deixa cegas ás persoas. O grupo de traballo de saúde, asiste a máis de 350 comunidades indíxenas de difícil acceso na selva, atendendo a máis de 16.000 persoas.   




 Estas 17 fotografías de elementos humanos e naturais da Amazonía venezolana son parte do escenario onde se desenrola este importante traballo de eliminación dunha enfermidade no continente americano e de mellora dos indicadores de saúde, partindo do respecto dunha das culturas que alí habitan e resgardando o medio ambiente que sustenta esta parte importante do planeta Terra.   

 Fai moitos anos na época colonial no continente americano, se introduciron xunto cos escravos moitas enfermidades infecciosas, entre elas a oncocercosis, unha parasitosis que produce un envellecemento prematuro da pel e que ten a súa peor consecuencia na diminución da agudeza visual que pode chegar ata a cegueira irreversible, por isto esta enfermidade tamén é chamada a cegueira dos ríos. Esta enfermidade se introduciu en seis países de América: México, Guatemala, Colombia, Ecuador, Brasil e Venezuela, e xa está eliminada na case totalidade dos países, quedando só un foco desta oncocecosis entre a selva amazónica de Brasil e Venezuela afectando a poboacións indíxenas yanomami, yekwana e hoti.  


 Dentro do Programa Nacional de Eliminación de Oncocercosis en Venezuela se conta cun equipo de traballo composto por médicos, biólogos, técnicos de oncocercosis e entomólogos dos cales día a día se busca a maneira de abordar ás máis de 350 comunidades indíxenas afectadas.

     O Dr. Oscar Noya-Alarcón é autor - entre outros - dos seguintes traballos de investigación, publicados en IMBIOMED:

• Patología de la amebiasis intestinal
• Hidatidosis poliquística autóctona en dos pacientes Yanomami en el Alto Orinoco, Amazonas, Venezuela
• Utilidad de la ecocardiografía/Doppler en la enfermedad de Chagas  
Primer registro para el estado Aragua de Aedes (Stegomyia) albopictus Skuse, 1894 (Diptera: Culicidae)
• Primer registro de triatóminos naturalmente infectados por Trypanosoma cruzi en el estado Bolívar, Venezuela
• Diversidad enzimática de la fracción soluble de un aislado venezolano de adultos Paragonimus sp.
• Enfermedad de Chagas de transmisión oral
• Primera descripción del hábitat acuático de Simulium guianense s.l. (Diptera: Simuliidae) en el área endémica de oncocercosis, al sur de Venezuela
• Primer registro de Panstrongylus geniculatus (Latreille, 1811) en los municipios Alto Orinoco y Atures, estado Amazonas, Venezuela
• Evaluación de la prueba NOW® ICT Pf/Pv para el diagnóstico de Malaria en Venezuela


HORARIOS DE VISITA DA EXPOSICIÓN:

 A exposición se pode visitar ata o 13 de setembro nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, de luns a venres en horario de 9:00h a 14:00h  e os sábados de 10:00h a 13:00h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario