TURISMO
Milleiros de bañistas elixen os areais guardeses
· Area Grande, Fedorento, A Ribeira, O Carreiro, O Forte - ou O Muiño -, A Lamiña, Armona, Codesal,..., todas elas atractivas, diferentes e fermosas
Vista parcial da praia do Forte - coñecida internacional e popularmente como praia do Muiño -, en Camposancos (A Guarda)
Fotos: C. A.G.
Vista parcial da praia Area Grande
Infogauda / A Guarda
As praias marítimas e fluviais do Concello da Guarda amosan un estado de alta ocupación no que vai do mes de agosto, sendo elixidas por milleiros de bañistas que día a día visitan estes espazos naturais.
A boa climatoloxía do mes de agosto promoveu que moitos visitantes e tamén veciños de A Guarda e da comarca do Baixo Miño, aproveiten este bo tempo para gozar dos nosos areais, entre eles con dous que contan co distintivo internacional de Bandeira Azul. Falamos das praias das praias do Forte, coñecida internacionalmente como praia do Muíño, e Area Grande, un recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.
Estas dúas praias contan cos servizos esixidos pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) para Bandeira Azul, como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival. A praia do Forte ou do Muíño, no río Miño, tamén recibiu neste ano 2018 o distintivo de EcoPlayas.
Vista parcial da praia de Fedorento
Vista parcial da praia da Lamiña, en Camposancos (A Guarda)
Ademais A Guarda conta con outros areais que tamén son frecuentados por bañistas nesta tempada estival como as praias marítimas de A Ribeira, Fedorento e O Carreiro ou as praias fluviais da Lamiña, A Armona, O Codesal ou A Pasaxe, espazos naturais para o desfrute, que contan tamén con sendeiros, camiños e rutas sinalizadas para coñecer o seu entorno. Todas elas atractivas, diferentes e fermosas.
O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión dos distintivos internacionais no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario