CULTURA
«Raíces Celtas en la Amazonía venezolana»
· Esta exposición de fotografías, da autoría do Dr. Óscar Noya-Alarcón, chega este martes 21 de agosto, ás 20:00 h., o Centro Cultural da Vila de A Guarda
O Dr. Oscar Noya-Alarcón, venezolano e español de ascendencia guardesa, é un médico parasitólogo do Centro Amazónico de Investigación e Control de Enfermidades Tropicais e asociado ao Instituto de Medicina tropical
Infogauda / A Guarda
A partires das 20:00 h., deste martes día 21 de agosto de 2018, en que terá lugar o acto de inauguración, a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 13 de setembro de 2018, a mostra fotográfica «Raíces celtas en la Amazonía venezolana», da autoría de Oscar Noya-Alarcón.
Nesta mostra os visitantes poderán apreciar fotografías en cor que amosan o traballo en operacións de asistencia sanitaria a comunidades indíxenas illadas, sobre todo poboacións yanomamis da Amazonía venezolana.
O Doutor Oscar Noya-Alarcón, venezolano e español de ascendencia guardesa, é un médico parasitólogo do Centro Amazónico de Investigación e Control de Enfermidades Tropicais e asociado ao Instituto de Medicina tropical, traballa dende fai 10 anos no Programa de eliminación de oncocercosis no foco sur de Venezuela, último reduto no continente americano (xunto con Brasil) dunha enfermidade parasitaria que envellece a pel e deixa cegas ás persoas. O grupo de traballo de saúde, asiste a máis de 350 comunidades indíxenas de difícil acceso na selva, atendendo a máis de 16.000 persoas.
«Estas 17 fotografías de elementos humanos e naturais da Amazonía venezolana son parte do escenario onde se desenrola este importante traballo de eliminación dunha enfermidade no continente americano e de mellora dos indicadores de saúde, partindo do respecto dunha das culturas que alí habitan e resgardando o medio ambiente que sustenta esta parte importante do planeta», afirmou o Dr. Oscar Noya-Alarcón.
«Fai moitos anos na época colonial no continente americano - engade o Dr. Noya-Alarcón -, se introduciron xunto cos escravos moitas enfermidades infecciosas, entre elas a oncocercosis, unha parasitosis que produce un envellecemento prematuro da pel e que ten a súa peor consecuencia na diminución da agudeza visual que pode chegar ata a cegueira irreversible, por isto esta enfermidade tamén é chamada a cegueira dos ríos. Esta enfermidade se introduciu en seis países de América: México, Guatemala, Colombia, Ecuador, Brasil e Venezuela, e xa está eliminada na case totalidade dos países, quedando só un foco desta oncocecosis entre a selva amazónica de Brasil e Venezuela afectando a poboacións indíxenas yanomami, yekwana e hoti.
Dentro do Programa Nacional de Eliminación de Oncocercosis en Venezuela se conta cun equipo de traballo composto por médicos, biólogos, técnicos de oncocercosis e entomólogos dos cales día a día se busca a maneira de abordar ás máis de 350 comunidades indíxenas afectadas».
Ningún comentario:
Publicar un comentario