CULTURA MARÍTIMA
1ª MOSTRA AMIGOS DO MAR
· Está organizada pola Asociación de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”
· A inauguración será este venres día 13 de xullo, ás 20:00 h., no local onde estivo Efectos Navales Guadalupe
Infogauda / A Guarda
Dende a Asociación de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”, acordouse levar unha Mostra-Exposición, que pretende ter continuidade no tempo, instalada no local dos antiguos Efectos Navales “Guadalupe”, que será aberta ao público en xeral, o vindeiro venres día 13 de xullo a partir das 8 da tarde, e na que falará Agustín Ferreira Lorenzo, de ANABAM sobre as marcas mariñeiras e a continuidade dos traballos de identificación e recopilación que nesta área levan desenbolvendo dende fai anos, e a que se incorporará PIUEIRO como colaborador do mesmo, para que máis pronto que tarde, se plasme nunha publicación.
Con esta Mostra, “PIUEIRO”, quere darlle as grazas a todos aqueles que teñen colaborado nesta campaña para salvar unha parte da historia do “noso mar” e manter presente unha das actividades laborais e económicas que máis incidiron e segue tendo influencia no desenvolvemento de A Guarda”.
Dita Mostra-Exposición, denominada “AMIGOS DO MAR”, estará aberta o público o longo de toda etapa estival, abrindo pola mañá os días domingos e festivos de 10:00 a 13:00 horas, e tódolos días de 19:00 a 22:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario