A Guarda ofrece unha intensa programación de actividades
Deportes, exhibicions de baile, exposicions, gastronomía, actuacións musicais,...
Marcos Pereiro, popular actor e humorista, será o pregoeiro da XV Festa do Peixe Espada
Infogauda / A Guarda
A Guarda despide o mes de xullo cunha variada oferta deportiva, cultural e gastronómica, con varios eventos programados para o venres 27, sábado 28 e domingo 29 de xullo.
Programación por días:
Venres 27:
A Casa dos Alonso acolle dende as 9:00 da mañá as V Xornadas Internacionais de Pesca organizadas por OR.PA.GU., contando coa presencia da conselleira do Mar, Rosa Quintana, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, o Presidente de OR.PA.GU., Joaquín Cadilla Castro, entre outras personalidades e axentes do sector. Unhas xornadas enfocadas aos problemas que máis están a afectar aos armadores deste colectivo na actualidade.
A Sala de Exposicións da Casa dos
Alonso acolle a exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que
recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa.
Horario de visita:
De 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas.
Dentro da programación da XV Festa do Peixe Espada
dende as 19:00 horas, realizaranse actuacións a cargo da Charanga Cantos somos, para
as 20:00 h., desfrutar do pregón de Marcos Pereiro, popular
actor e humorista.
Tralo pregón, procederase á entrega do premio á deseñadora
do cartel da festa deste ano, Saray Vicente Paz, e presentarase oficialmente a terceira
edición do Campionato Galego Inclusivo de Náutico Adaptado, que desenvolverase
ó longo do sábado.
A Agrupación Musical de A Guarda ofrecerá a partires das
23:00 horas, no Portiño Novo, o III Concerto de película, amenizando a noite desta primeira xornada coa
que se dará por inaugurada a XV Festa do Peixe Espada de A Guarda.
Sábado 28:
A Sala de Exposicións da Casa dos
Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», que pode visitarse en horario de
12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas.
Os xardíns do Centro Cultural acollen a sexta
edición do Mercado da Música de 11:00 a 23:00 horas, un evento que contará con
diferentes postos de venda de artesanía, libros, instrumentos, vinilos,... así
coma concertos a cargo dos grupos The Wav, Indomables Covers Band, The
LelliKelly´s, Family Folks e La Chata Soul.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Sopa de Sobre, contará tamén con
actividades para os máis cativos da casa.
Dentro da programación da XV Festa do Peixe
Espada ás 11:00h o Porto da Guarda acollerá o III Terceiro Campionato Galego
Inclusivo de Deporte Adaptado e as 12:00 horas visitarán as instalacións da festa os
participantes da Concentración Moteira Goián.
Ao longo desta segunda xornada
realizaranse as actuacións do Mago Zanas, o grupo O Trebón dos Xidos, o grupo
de acordeóns Mascarenhas e o grupo Los Gatos & el Sexo.
O Auditorio de San Bieito será o escenario da celebración da primeira edición de "La Guardia
danza", un evento deportivo organizado polo Centro Do-Majó en colaboración
co Concello da Guarda, que dará comenzo ás 20:30 horas. Haberá distintas exhibicións de Danza Moderna, Hip-Hop, Salsa, e
participarán escolas de Vigo e de A Guarda.
Durante a xornada deste sábado realizaranse tres visitas guiadas ao
Monte Santa Trega. A primeira delas ás 11:30 horas, con saída desde á vivenda reconstruida no Castro; e ás 12:30 horas e 17:00 horas, respectivamente, con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT).
Domingo 29:
A Sala de Exposicións da Casa dos
Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», que pode visitarse en horario de
12:00 a 14:00 horas.
Dentro da programación da XV Festa do Peixe
Espada ás 12:00 horas realizarase a actuación do Coro Cantábile e ao longo desta
terceira xornada de festa actuarán o Mago Zanas, o Coro Fuscalheiro e o grupo
Vento Mareiro.
Durante a xornada do domingo
realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Os horarios e lugares de saída son os seguintes: Ás 11:30 horas, desde o Castro e ás 12:30 horas e ás 17:00 horas, con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa
Trega (MASAT).
Ningún comentario:
Publicar un comentario