TODO A PUNTO PARA Á EXPOSICIÓN “ASÍ SOMOS”
Inaugúrase o venres día 20 de xullo, ás 21:00 h-, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O departamento de Cultura do Concello da Guarda inaugura o vindeiro venres día 20 de xullo ás 21:00 h., na Casa dos Alonso, a exposición “Así Somos”. Trátase dunha interesante mostra que poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12:00 a 14:00 horas, e de 19:00 a 22:00 horas, e os domingos e festivos de 12:00 a 14:00 h.
A exposición reúne un total de sesenta fotografías feitas entre o 2014 e 2018, nas que se mostra o día a día dos veciños do municipio guardés. Os nosos oficios, con especial atención os relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de lecer, as nosas festas e tradicións, e estampas de vida cotiá, conforman o espiritu da proposta.
Unha representación costumista e popular a cabalo entra a reportaxe etnográfica e o retrato artístico, entre o antropolóxico e o fotoxornalismo, que nos achega a veciños e visitantes, a esencia do cotián da Guarda e as súas xentes.
A mostra é unha cita ineludible para os amantes da fotografía durante esta temporada estival.
Ningún comentario:
Publicar un comentario