19 de xuño de 2018

OIA

O BNG ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA EN OIA SOBRE O PROBLEMA DAS PENSIÓNS  

Xoves 21 de xuño, ás 20:30 h., na Casa da Cultura de Santa María de Oia 



BNG / Oia

 A defensa e o mantemento do sistema público de pensións debe ser unha prioridade de toda a sociedade e, por descontado, de todos os axentes sociais, partidos políticos principalmente. É unha conquista da clase traballadora que o poder quere debilitar. Dende o goberno do Partido Popular estase a executar un plan premeditado para minguar as pensións públicas mentres se traballa para fortificar o negocio privado do aforro.  

 O noso país é dobremente vítima  xa que os galegos temos as pensións máis baixas do estado (o 60% son inferiores ao salario mínimo) e 1 de cada catro mulleres galegas maiores de 65 anos vive por baixo do limiar da pobreza. 

 Para que os pensionistas do presente e do futuro poidan ter toda a información sobre as súas prestacións e as claves para defender un sistema público sostible, o BNG de Oia organiza unha charla informativa este xoves 21 de xuño, ás 20:30 h., na Casa da Cultura de Santa María de Oia. Participan o vicerresponsábel local do Bloque, Afonso A. Cáccamo, quen presentará aos relatores, Xosé Benito Alonso "Mansa", portavoz da plataforma de emigrantes retornados no Baixo Miño e Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento Galego. Aí daranse as claves do por que e cómo hai que defender as pensións públicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario