19 de xuño de 2018

A GUARDA

Payaso Piruleta chega este sábado á Biblioteca da Guarda

Co seu espectáculo "A Biblioteca Máxica: especial Gloria Fuertes"  


Jorge Alonso / A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza unha nova sesión de "Contos contados" este sábado día 23 de xuño, ás 12:00 horas.  


 Nenos, nenas e familias poderán disfrutar dunha divertida aventura con Payaso Piruleta@Cía e o seu espectáculo "A Biblioteca Máxica: especial Gloria Fuertes". Os asistentes coñecerán a Don Renato, un bibliotecario atípico que transforma contos en cancións, repara libros con maxia, convive con seres fantásticos co obxectivo de motivar á animación lectora do público que o visita mediante o teatro musical e a maxia para dar a coñecer a unha das escritoras mais queridas. Animamos a participar neste espectáculo de teatro musical, conto, maxia e circo con Payaso Piruleta@Cía. Intérpretes: Javier Rodríguez, (músico e mago) e Roberto Vázquez (paiaso malabarista). 

 Esta actividade forma parte do programa de dinamización lectora "Ler Conta Moito", da Rede de Bibliotecas de Galicia. Colabora a Concellería de Cultura do Concello da Guarda. 

Sábado 23 de xuño ás 12:00h 
Biblioteca Municipal da Guarda 
Rúa Rosalía de Castro, 14 - 1º andar

Ningún comentario:

Publicar un comentario