19 de xuño de 2018

A GUARDA

A Guarda entrega os premios da ruta Tapearte 2018  


Jorge Alonso / A Guarda

 Este martes día 19 de xuño a Casa dos Alonso da Guarda acolleu a entrega de premios da Ruta Tapearte 2018, un evento gastronómico celebrado entre o 18 de maio e o 3 de xuño, que contou coa participación de 19 establecementos de hostalaría do municipio. 


 Compareceron ante os medios de comunicación o Alcalde, Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, destacado unha vez máis a importancia que este evento ten á hora de atraer comensais e «ruteiros» que, co pasaporte na man, gozaron da gastronomía local, dinamizando un sector tan importante para a vila como o é a hostalaría.  


 Nesta edición 2018 de Tapearte, o Restaurante Camping Santa Tecla foi o elixido polos «ruteiros» acadando a mellor puntuación cunha tapa de Zamburiñas en alioli de allo negro con puré de piña con crocante de xamón, recolleu este galardón á Mellor Tapa Tapearte 2018 Diana Carrera Sousa, xerente deste establecemento. 

 Por outra banda os «ruteiros» tamén destacaron o restaurante Bitadorna, sendo este o que máis tapas vendeu, cunha media de 40 tapas por xornada, recibindo a mención especial como a Tapa máis degustada. Por parte deste establecemento recibiu o galardón Antonio Martínez Alonso, cociñeiro do Bitadorna A Guarda.  


 Entre os premios e agasallos de Tapearte 2018, realizouse o sorteo dun teléfono intelixente Samsung J7, a persoa premiada, Fina Peniza Baz, tamén recibiu neste acto o seu agasallo, que foi recollido pola súa irmá. Outros 44 participantes acadaron o premio directo dun Estuche de dúas botellas de Albariño Pazo de Seane da Adega Lagar de Fornelos por depositar o pasaporte con, alomenos, 10 selos. 

 A Ruta Tapearte 2018 recibiu unha gran acollida, depositándose, para participar do sorteo e os agasallos un total de 95 pasaportes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario