4 de maio de 2018

TUI

Aprobada a moción do BNG de Tui que demanda unha zona de libre aparcadoiro no Álvaro Cunqueiro

Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui, e José Manuel Tato, concelleiros do BNG

Infogauda / Tui

 En pleno debate sobre o aparcamento que está facendo o Concello de Vigo do hospital, "o BNG de Tui esixe á Xunta de Galiza que habilite unha zona de libre aparcadoiro para a poboación de toda a Área Sanitaria de Vigo".   

"É moi sinxelo que a Xunta esixa aos demáis mentras evade a súa responsabilidade. Sen esquecer o enorme despropósito que supón que o aparcamento do propio hospital estea en mans privadas, e eso si é responsabilidade directa da Xunta", apuntou Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui.      

 Carme Núñez afirma igualmente: "O BNG conseguíu que esta moción fose aprobada no pasado pleno, o que pode mitigar en gran maneira un dos graves problemas que ten a nosa veciñanza cando vai ao hospital".

Ningún comentario:

Publicar un comentario