23 de maio de 2018

VIGO

A CIG celebrará este xoves en Vigo unha asemblea de delegadas 

Para abordar a situación laboral e social das mulleres traballadoras 

O encontro fai parte das iniciativas preparatorias da folga xeral do vindeiro 19 de xuño 


Infogauda / Vigo

 A Secretaría das Mulleres da CIG celebrará este xoves 24 unha asemblea de delegadas para abordar a situación laboral e social das mulleres traballadoras. O encontro, que terá lugar no local do sindicato en Vigo ás 10:00 horas, fai parte das iniciativas que está a levar a cabo a central para preparar a folga xeral do vindeiro 19 de xuño. 

 Na asemblea de delegadas, que se celebra baixo o lema 'Sumando loitas cara á folga xeral', participarán a secretaria confederal das Mulleres da CIG, Marga Corral, que explicará os principais motivos que levaron a central a convocar a folga xeral do 29 de xuño; Ester Mariño, técnica de Igualdade da CIG, que incidirá na importancia de incluír nos convenios colectivos cuestións relativas aos dereitos das mulleres; Natividad López, economista da CIG, que debullará os aspectos do informe económico elaborado polo gabinete técnico relacionados coa precariedade laboral que padecen as mulleres; e Rosa Chantada, secretaria comarcal das Mulleres da CIG de Vigo, que fará un repaso polos principais conflitos laborais abertos na comarca que contan con maioría de mulleres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario