28 de abr. de 2018

TOMIÑO

TRESCENTOS ESCOLARES DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA, ASISTEN ÁS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FINANCIADAS POLO CONCELLO 

A OFERTA INCLÚE INGLÉS, MULTIDEPORTE, BAILE INFANTIL, ZHUMBA, LINGUAXE DE SIGNOS E UN OBRADOIRO AUDIOVISUAL 


Infogauda / Tomiño

 Un ano máis, o Concello de Tomiño financiou un programa de actividades extraescolares ao longo de todo o curso, en distintos centros educativos do municipio.

 A oferta formativa, é gratuíta para os estudantes, puideron escoller este curso entre inglés, multideporte, baile infantil, zhumba, linguaxe de signos e un obradoiro audiovisual.  

 As actividades ofertadas este curso escolléronse por nivel: para Infantil: baile infantil e “Imaxinacción”; para Primaria: multideporte, lingua de signos, inglés e “ImaxinAcción/Entre Pantallas”. Por último, para o IES: zhumba e inglés.  

 Nalgunhas actividades foi necesario facer varios grupos debido á cantidade de nenas e nenos que estaban apuntados, sumando un total superior aos 300 escolares.  O programa é unha iniciativa da Concellalía de Educación. Para a selección das actividades, tivéronse en conta diferentes criterios: as características de cada centro educativo, a acollida entre o alumnado (mínimo de 10 persoas), e a vontade de incentivar a empregabilidade e o emprendemento, polo que se contactou con profesionais da zona directamente, non con empresas).  

 ImaxinAcción é unha das actividades extraescolares máis novidosas que busca fomentar a creatividade dos nenos e nenas do CEIP Tebra, CEIP Antonio Fernández, e CRA Mestre Manuel Garcés.  

 Outra das actividades máis novidosas é a de Lingua de Signos, que pretende impartir técnicas instrumentais de comunicación entre as persoas xordas e as oíntes.  

 O programa de actividades esténdese entre os meses de outubro de 2017 e xuño de 2018, e representa un investimento que rolda os 15.000 euros.  

 A alcaldesa de Tomiño, Sandra Álvarez, tamén concelleira de Educación, explica que este programa tenta ofrecer accións formativas en igualdade, co propósito de que todo o alumnado poida asistir ás clases que elixa, sen que o custe das mesmas, sexa un impedimento para aprender e integrarse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario