“SOS: MEU FILLO NON ME FAI CASO” (PROBLEMAS DE COMPORTAMENTO DE 0 A 6 ANOS) É A NOVA CHARLA QUE PROPÓN A CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL
O ENCONTRO, QUE ESTARÁ A CARGO DUN PSICOTERAPEUTA, SERÁ O MÉRCORES 2 DE MAIO NA CASA DA CULTURA
Infogauda / Tomiño
“SOS: meu fillo non me fai caso” (problemas de comportamento de 0 a 6 anos) é a nova charla que propón a Concellería de Benestar Social, co obxectivo de achegar ás familias pautas e orientacións para afrontar a crianza de xeito positivo.
Cales son as estratexias a utilizar cando o comportamento do noso fillo non é o esperado? Como xestionar as rabietas? Como encamiñar de xeito adecuado actitudes de negación ou comportamentos disruptivos dos nosos fillos fronte a nós ou fronte a outros?
O encontro, que terá lugar o vindeiro mércores, 2 de maio, na Casa da Cultura, a partir das 17:30 h., estará a cargo de José Cardama Barrientos, psicólogo e terapeuta familiar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario