TOMIÑO CELEBRA CON DIFERENTES ACTOS O DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
A ASOCIACIÓN "1 MÁIS", FORMADA POR NAIS, PAIS E FAMILIARES DE PERSONAS CON AUTISMO DO BAIXO MIÑO, ORGANIZAN UNHA SERIE DE ACTOS, COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE TOMIÑO
As accións programadas para o día 2 de abril, levaranse a cabo na Praza do Seixo e no Mercado Municipal, cun stand informativo, solta de globos; lectura dun manifesto e proxeccións
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño e o Mercado Municipal colaboran activamente, un ano máis, na celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que terá lugar o vindeiro día 2 de abril.
A “Asociación 1 Máis”, formada por nais, pais e familiares de persoas con autismo do Baixo Miño, colocará un stand informativo con folletos, haberá unha solta de globos na Praza do Seixo e lectura dun manifesto, o día 2 a partir das 19:00 horas. Asemade, está prevista a proxección dunha película/documental alusiva ao tema do autismo, os días 3 e 5 de abril, no Mercado Municipal, a partir das 17:00 horas. Tamén está prevista a iluminación da Casa do Concello.
A concelleira de Cultura e Servizos Sociais, Cristina Martínez, salienta a vontade do Concello de colaborar coa Asociación 1 Máis, a prol da concienciación da poboación sobre as enfermidades do espectro autista; unha doenza que afecta a moitas persoas e aos seus familiares na comarca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario