14 de mar. de 2018

LABORAL

A Inspección de Traballo esíxelle a Frigolouro que convirta todos/as os autónomos/as de Servicarne en persoal propio antes de novembro 

A decisión chega tras as máis de 80 denuncias presentadas pola CIG diante da autoridade laboral 

Infogauda / O Porriño

 A CIG fai público que a Inspección de Traballo vén de comunicarlle ao comité de empresa de Frigolouro -centro de produción de porcino do grupo Coren con sede no Porriño- que xa lle trasladou á dirección da empresa que ten que convertir todos/as os traballadores/as autónomos/as da cooperativa Servicarne en persoal fixo antes do mes de novembro. 

 A decisión, que afectará a uns 250 empregados/as, chega despois de que a CIG presentase máis de 80 denuncias diante da autoridade laboral por incumprimentos detectados nas provincias nas que a compañía ten centros de traballo (Pontevedra, Ourense e Lugo). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario