21 de feb. de 2018

DEPORTES

ATLETISMO

A ATLETA ELSA PENA VICENTE, DE A GUARDA, CAMPIOA DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS

O Atletismo Tui - Thermalia, equipo ao que pertence a atleta guardesa, acadaría o terceiro posto por clubes


Elsa Pena Vicente - no centro da imaxe - ven de proclamarse campioa de Galicia de Campo a Través, categoría cadete

Alberto Pena / Deportes

 O servizo de Deportes da Xunta de Galicia na Coruña organizou o pasado fin de semana o Campionato de Galicia de Campo a Través, no que preto de 350 atletas procedentes de toda a Comunidade tomarían cita.

Elsa Pena Vicente en plena carreira no circuíto da Praia de Cabío

 O circuíto da Praia de Cabío pertencente a Pobra do Caramiñal, volvería ser o escenario escollido para a disputa desta final onde se achegaron os mellores especialistas desta modalidade a nivel escolar, clasificados entre os oito primeiros en cada fase provincial, así como os dous primeiros clubs. 

O Atletismo Tui - Thermalia, equipo no cal milita Elsa Pena Vicente, acadaría o terceiro posto por clubes

 Nesta proba a atleta guardesa Elsa Pena Vicente, do Atletismo Tui - Thermalia, acadaría o campionato galego na categoría de cadetes. Tamen o terceiro posto por clubes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario