NOVAS PLANTACIONS DE FRONDOSAS NO MONTE DE CAMPOSANCOS
Profesores e alumnos de A Guarda están repoboando á zoa de Chans, correspondente á Comunidade de Montes en Mán Común de Camposancos
Foto: José Fernando Martínez
Infogauda / Camposancos
O presidente da Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, José Fernando Martínez Martínez ven de indicar que o xoves da pasada semana, pola choiva, os alumnos do colexio público Nicolás Gutiérrez Campos - As Solanas, non puderon facer a plantación de castiñeiros que estaba programada, e será este mércores día 21 de febreiro, cando suban o Trega e no lugar de Chans de Arriba, en convenio ca Comunidade de Montes de Camposancos, planten 200 árbores frondosas.
O xoves día 22 de febreiro, serán os Colexios de A Sangriña os que continúen a labor, e pola mañá subirán os alumnos de primaria que plantarán 100 castiñeiros. Con esa actuación a zoa de Chans, correspondente o monte de Camposancos, quedará totalmente repoboada con árbores frondosas.
Xa pola tarde un grupo de profesores con xóvenes estudantes, todos voluntarios, do Instituto de A Sangriña, coa colaboura de persoal da Comunidade de Montes de Camposancos, subirán para preparar a zoa de Espiñeiro, na que farán todo o ciclo dunha plantación, como desbrozar, facer as covas, plantar, e logo seguir durante un período de tempo, o seu coidado. Será unha prantación de árbores frondosas variadas.
ASAMBLEA XERAL DE COMUNEIROS
O presidente da Xunta Reitora relembra tamén que "o sábado día 24 teremos Asamblea Xeral a que estamos convocados todos os 175 veciños comuneiros. Será ás 5 da tarde, co seguinte orde do día:
1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
2º Estado económico e presuposto.
3º Admisión novos comuneiros.
4º Padroado Municipal Monte Santa Trega.
5º Traballos xa realizados.
6º Proxectos.
7º Solicitude de subvencións.
8º Autorización de representación.
9º Suxerencias e preguntas.
A esta asamblea pode asistir ademais, toda persoa interesada, sin ser comuneiro, como ouvinte sin voz nin voto".
Ningún comentario:
Publicar un comentario