14 de xan. de 2018

A GUARDA

"GUARDESIÑO", UNHA FOCA DE TRES MESES DE IDADE, VISITOU O PORTO GUARDÉS

Guardesiño, un visitante de inverno pouco habitual, no porto de A Guarda
Foto: ANABAM

Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / A Guarda

 A foquiña, duns tres meses de idade, apareceo no porto da Guarda, este domingo a iso das nove da mañán. Iago Adrover, un mariñeiro que ía botar as redes, foi quen a viu, e xunto con outros mariñeiros metérona nunha caixa do peixe. 

 Demos aviso a CEMMA para o seu traslado a UCI, en Nigrán, e nestes intres xa está alá. Vaia noso agradecemento a eses mariñeiros que se preocuparon dela e en especial a Iago por avisar a ANABAM da presenza do animal. Por certo, bautizámolo co nome de Guardesiño, xa que é un macho. 

 Este é o cuarto rexistro dunha foca no Baixo Miño: o primeiro, xa hai varias décadas, aconteceo en Oia, os tres restantes na Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario