12 de xan. de 2018

A GUARDA

Aprobadas as bases para a participación do Desfile – Concurso no Martes de Entroido  

Lugar de inscrición: Concello da Guarda 
Data de inscrición: Do 30 de xaneiro ó 6 de febreiro 
Horario : De 9:00 a 14:00 h.    

Participantes nunha edición precedente do Martes de Entroido, na Guarda
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile-Concurso de Entroido 2018,  co obxectivo de manter a tradición local a través da participación de tódolos veciños e asociacións da localidade. Así preséntanse estas bases nas que se contemplan ata cinco categorías diferentes de participación (Carrozas, Comparsas, Grupos, Individual-Parellas adulto e infantil) na modalidade de concurso cunha ampla variedade de premios, e unha modalidade de axudas para as Carrozas e Comparsas.

 Se estás interesado en participar podes ampliar a información consultando nas bases.  

 Recorda que o prazo para anotarse abrirase o vindeiro 30 de xaneiro ata o 6 de febreiro. Os interesados deberán entregar o formulario de inscrición e a documentación recollida ba base  4ª  no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica.   


 O Desfile realizarase o vindeiro 13 de febreiro, Martes de Entroido, no percorrido habitual entre a Esquina Famosa (Esquina da Rúa San Bernardo ) e a Alameda da Guarda.  O veredicto do xurado darase a coñecer, tralo desfile, na correspondente entrega de premios.  

 A participación neste desfile queda aberta a todos aqueles que aínda que non queiran competir no concurso, desexen sumarse a esta celebración. 

DESFILE-CONCURSO ENTROIDO 2018
BASES
1ª OBXECTO
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile- Concurso de Entroido 2018 co obxectivo de manter a tradición local desta festa tradicional a través da participación de tódolos veciños da Guarda. É por elo que presenta as seguintes bases nas que se contemplan ata cinco modalidades diferentes de participación, e unha ampla variedade de premios.
2º LUGAR E DATA
O Desfile- Concurso se celebrará o vindeiro Martes de Entroido, 13 de febreiro de 2017, con saída ás 17:30h. da Praza de San Bermardo (“Esquina Famosa”) e o seguinte percorrido: Praza de San Bernardo- Rúa Galicia- Avda. Rosalía de Castro- Alameda.

En caso de choiva quedaría aprazado para o seguinte fin de semana segundo a previsión meteorolóxica mais favorable. De persistir a previsión de choiva, escollerase unha nova data con previsión favorable.
3º PRAZO E FORMA DE INSCRICIÓN
Os interesados en participar no Desfile deberán cubrir o formulario anexo a estas bases e a documentación necesaria entre os días 30 de xaneiro ó 6 de febreiro de 2017 no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9 a 14h. de luns a venres.
Poderán remitirse inscricións por vía postal, selladas na oficina de Correos sobre o propio impreso de solicitude, de xeito que quede constancia da entrega dentro do prazo establecido. Para garantir este feito, rógase adiantar por fax a copia da solicitude sellada na oficina de Correos. Ó igual que o resto de solicitudes, estas inscricións só terán validez se veñen acompañadas da documentación requerida.
Dacordo coa Lei 39/2015 no seu art. 14 os participantes que se inscriban en calidade de persoa xurídica, como é o caso das asociacións, deberán face-la inscrición a través da sede electrónica do Concello da Guarda: http://aguarda.sedelectronica.gal/info.0

4º DOCUMENTACIÓN NECESARIA
Para ser efectiva a inscrición, o formulario deberá acompañarse da fotocopia do DNI do participante. No caso dos menores de idade deberán entregar a fotocopia do DNI da nai, pai ou titor, así como unha autorización asinada (ANEXO II).

 No caso dos Grupos, carrozas e comparsas só se presentará o DNI da persoa representante e se indicará o número de participantes. Os integrantes menores de idade entregarán unha autorización do pai, nai ou titor/a por cada menor, non sendo necesario a copia do DNI de cada un deles. Cando tódolos integrantes sexan menores, o representante do grupo será un dos pais ou nais, quen asinará a inscrición, aportará a copia do seu DNI e no seu caso, recibirá o premio.


Asociacións: Cando o participante sexa unha asociación deberá entregar un documento acreditativo da mesma: fotocopia do CIF, ou de non ser posible, os estatutos.
5º MODALIDADES E CATEGORÍAS
Poderáse participar no Desfile- Concurso baixo as seguintes categorías:
1.            CARROZAS: Grupo mínimo 6 persoas representando algún tema enriba dun ou varios móbiles (carro, tractor, motocultor…) O condutor poderá ou non ir incluído, deixándose a criterio dos participantes.
2.            COMPARSAS: Grupo mínimo de 10 persoas
3.            GRUPOS: Grupo composto por un mínimo de 3 e un máximo de 9 persoas
4.            INDIVIDUAL: Inclúense nesta modalidade, ademais dos disfraces individuais, os conxuntos formados por ata 2 persoas, cuxos traxes compartan unha mesma temática. Esta modalidade divídese en dúas categorías:
INDIVIDUAL ADULTO, a partir dos 13 anos de idade
INDIVIDUAL INFANTIL, ata os 12 anos de idade
No caso de parellas ou tríos na que un dos participantes teña máis de 12 anos considerarase na categoría adulto.

6º AXUDAS POR PARTICIPACIÓN
Prevese unha axuda económica dunha contía fixa de 200€ ós participantes nas categorías de COMPARSA e CARROZA, como compensación polo traballo e esforzo que supón a elaboración do correspondente atrezzo e traxes de entroido.

Terán dereito a axuda económica as 10 primeiras carrozas ou comparsas que se inscriban. Todas as comparsas e carrozas anotadas, entrarán na modalidade de concurso, teñan ou non a axuda por participación.

7º PREMIOS
Os premios e axudas por participación impútanse a aplicación orzamentaria n.º 334-48 e serán os seguintes:

     COMPARSAS                                      CARROZAS:
PREMIO: 250€                              1º PREMIO: 250€
PREMIO: 150€                              2º PREMIO: 150€

 GRUPOS:
1º PREMIO: 150€
2º PREMIO: 90€
3º PREMIO: 80 €
4º PREMIO: 50€
5º PREMIO: 50€
6º PREMIO: 50€


INDIVIDUAL ADULTO:
1º PREMIO: 90€
2º PREMIO: 70€
3º PREMIO: 50
4º PREMIO: 30€
5º PREMIO: 30€
6º PREMIO: 30€


INDIVIDUAL INFANTIL:
1º PREMIO: 90€
2º PREMIO: 70€
3º PREMIO: 50 €
4º PREMIO: 30€
5º PREMIO: 30€
6º PREMIO: 30€

Estes premios están gravados coa correspondente retención do IRPF
Poderán ser beneficiarios dos premios as asociacións legalmente constituídas e as persoas físicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
8º XURADO E CUALIFICACIÓN
A cualificación en cada unha das modalidades e categorías será determinada polo Xurado do Concurso, que estará formado por un Presidente e dous vogais, en representación das entidades socioculturais de A Guarda, nomeados pola Concellería de Cultura. Actuando como presidente o membro de maior idade, e como secretario o técnico de cultura do Concello
O xurado na súa avaliación terá en conta os seguintes factores: orixinalidade da proposta, posta en escena, maquillaxe, vestiario e acompañamento musical
Unha vez feita a avaliación polo Xurado, farase público o resultado no acto de entrega de premios.
O xurado poderá declarar deserto algún dos premios.
O xurado terá a capacidade de determinar se os inscritos cumpren as condicións propias en cada categoría.
A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.
9º SAÍDA E COLOCACIÓN PARA O DESFILE- CONCURSO
A hora prevista para o inicio do desfile é as 17:30 horas do Martes 13 de Febreiro.
Os participantes no desfile teñen entre as 16.30h. e as 17,15h. para colocarse nos seus postos de saída, que serán determinados polo persoal da Concellería de Cultura.
As 17h. o xurado fará unha primeira revisión para coñecer a tódolos participantes. Non estar situado no posto asignado no momento da saída poderá ser motivo para a descalificación do concurso.

10º COBRO DOS PREMIOS E AXUDAS POR PARTICIPACIÓN
Para proceder ó cobro, tanto das axudas como dos premios, os interesados deberán achegar a seguinte documentación nun prazo de 15 días trala celebración do desfile:
·         Certificado de Titularidade da conta bancaria a nome do premiado (expedida pola entidade), ou fotocopia compulsada da libreta. En caso dos menores de idade, o titular deberá ser o pai, nai ou titor que autorizou a participación ou que foi coma representante do grupo.
·         Fotocopia compulsada do DNI do premiado ou do seu pai, nai ou titor/a
·         Fotocopia da inscrición no desfile. En caso de participación de menores, deberán achegarse as autorización de participación no desfile.
·         Declaración responsable de non estar incurso en incapacidades e prohibicións coa Administración para a percepción de subvencións, así como de estar ó corrente coas obrigas tributarias, co Estado, Xunta de Galicia, Concello de A Guarda e Seguridade Social. (Impreso dispoñible no Concello).

Co fin de axudar e axilizar a tramitación, a documentación necesaria que xa fora aportada ó Departamento de Cultura para inscrición no desfile non haberá que achegala novamente.

O Departamento de Cultura será o responsable de levantar acta co fallo do xurado, na que se reflictirá a relación de participantes e premios.
O Concello resérvase o dereito para a captación e difusión das imaxes do desfile para fins de publicidade e promoción.

A Concellería de Cultura quere animar á xente da vila da Guarda, con especial mención ós nosos nenos a participar no desfile de Entroido, aínda que non sexa na modalidade concurso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario