LIBROS X ALIMENTOS
Campaña solidaria do Comercio de Goián
Andrea Pousa Barros / Goián
Dentro de uns días comeza a campaña solidaria do Comercio de Goián. Libros a cambio de alimentos específicos: leite, aceite, cacao, galletas.
Unha acción solidaria da man do Club de Lectura Chocolate con libros, do CEIP Pintor Antonio Fernández.
Algúns exemplares que estarán nos comercios
Do 12 ao 30 de decembro, mais de 200 exemplares de libros estarán distribuidos nos comercios de Goián participantes.
As persoas que queiran participar non teñen máis que trocar un libro por dous paquetes de leite, aceite, cacao ou galletas. Os alimentos que se recauden doaranse ás asociacións Conrazones e SOS Tomiño.
O Club de Lectura Chocolate con libros botou a andar no ano 2012 da man dun grupo de mestras e nais do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián. Reúnense no colexio o último xoves de cada mes e, ademais de pasar un bo rato falando dos libros propostos, intercambian os das súas bibliotecas persoais ou organizan as Tertulias Literarias con escritores como Francisco Castro ou Iria Misa. Actividades, todas, a prol da lectura,... coma estas lecturas solidarias.

Ningún comentario:
Publicar un comentario