7 de dec. de 2017

A GUARDA

DREAMS TOUR 2017

A ORQUESTRA PANORAMA BRINDA UN CONCERTO SOLIDARIO

Este venres día 8 de decembro, ás 22:00 h., na Alameda da vila



Infogauda / A Guarda

Ainda que semelle un soño, a Orquestra Panorama estará na Guarda e presentará Dreams Tour. Será este venres día 8 de decembro, ás 22:00 h. na Alameda da vila. Será un concerto solidario a favor da Asociación San Vicente de Paúl e da Asociación Conrazones.
A entrada será en achegas de alimentos non perecedoiros ou de Nadal.

Neste concerto solidario tódolos seguidores da Orquestra Panorama poderán disfrutar coa profisionalidade de Lito Garrido, Mario Álvarez, Natalia Méndez, Daira Monzón, Eli Soal, Reyna Fabiana, Isaac Matos, Lote González, Giorigio Ramilo, Carlos Oubiña, Álex Vazquez, Ninico El Negro, Roberto Hernández, Andel Labori, Danny Bujía, Kotwey Marwal, Xurxo Castro e Ivis Reyes.

Dreams Tour é o título elixido este ano 2017 pola Orquestra Panorama para a súa xira. Podería traducirse como unha ‘viaxe de ilusión’, e leva unha importante aposta pola innovación técnica e, sobre todo, por ofrecer un espectáculo novo, coa mellor música, coreografías impactantes e, como sempre, un apartado especial dedicado ao baile. Para iso, conta con ao redor de 30 persoas traballando a diario para facer posible cada unha das súas actuacións, entre os artistas que se soben ao escenario e os técnicos de montaxe. 

A idea é transmitir aos espectadores a importancia dos soños e de que estes, con traballo, esforzo e moita ilusión, pódense converter en realidade. Así, en cada inicio da posta en escena, os asistentes achegaranse aos pensamentos que deron orixe ao soño en que se converteu esta xira, e comprender deste xeito o desenvolvemento do espectáculo.

Nesta Xira Dreams Tour 2017 a Orquestra Panorama sai con todo o material técnico novo, como é o escenario na súa totalidade, pantallas e medios de iluminación de última xeración, tarimas móbiles e moitas sorpresas máis que o espectador irá descubrindo cada noite.  

 Dreams Tour 2017 está sendo unha das xiras máis viaxeiras para Orquestra Panorama, xa que ademais de percorrer toda Galicia, tamén estivo en boa parte de España. León, Valencia, Madrid, Segovia, Asturias, Salamanca, Cantabria, Burgos ou Palencia, o que permitiu que miles de cidadáns poidesen achegarse a un espectáculo musical único producido en Galicia en moi diversos puntos de España.

Ningún comentario:

Publicar un comentario