13 de nov. de 2017

TUI

"A mocidade galega.Importancia da organización"

Coloquio de Galiza Nova este venres en Tui  


Infogauda / Tui

 No marco da campanha "Rebélate, organízate e loita", Galiza Nova organiza o dia 17 de novembro, ás 20:00 h., na Sala Cemit da Área Panorámica de Tui, un coloquio formativo con Xabier Pérez Igrexas, activista sindical e exmilitante de Galiza Nova, baixo o título de "A mocidade galega. Importancia da organización".  

                                                               Militantes de Galiza Nova

 "Neste acto buscamos analizar o porqué da organización da mocidade baixo o ideário nacionalista, e a necesidade de que tomemos parte na luita pola contrucción de unha Galiza na que a mocidade non se vexa explotada, forzada a emigración e teña posibilidade de encontrar un futuro digno e na terra", afirmou André Vidal, responsable de Galiza Nova no Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario