10 de nov. de 2017

CULTURA

Simposio Carlos Casares 

A Coruña - 21, 22 e 23 de novembro



Real Academia Galega / A Coruña

 A Real Academia Galega celebra o Simposio Carlos Casares os vindeiros días 21, 22 e 23 de novembro. As tres xornadas desenvolveranse en horario de tarde na sede da institución (rúa Tabernas, 11 - A Coruña) e contarán coas achegas arredor da vida e da obra do protagonista do Día das Letras Galegas 2017 de dezaseis especialistas.  

 O programa está dispoñible NESTA LIGAZÓN.  

 Entrada libre e inscrición gratuíta.  

 O Simposio Carlos Casares conta coa aprobación e recoñecemento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de 12 horas de formación permanente do profesorado. A inscrición pode realizarse ata o vindeiro 20 de novembro enviando os seguintes datos a secretaria@academia.gal: nome e apelidos, DNI, enderezo postal completo, correo electrónico, teléfono e profesión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario