15 de out. de 2017

PONTEVEDRA

ÚLTIMOS DÍAS PARA VISITAR "AS CORES DA ALMA", DE CAÍNO VASCONCELLOS

A exposición está no Palacete das Mendoza ata o día 20 de outubro


Vista parcial da sala de exposicións do Palacete das Mendoza, na cidade de Pontevedra
Foto: Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / Pontevedra

 Hai moitas e poderosas razóns para visitar á cidade de Pontevedra e todas elas fan que nos sintamos a gusto co entorno e que vivamos con plenitude polas súas rúas humanizadas, onde picariños, xóvenes e maiores, podemos disfrutar da labor que desde á institución municipal foron capaces de facer, acertadamente.

 Unha desas razóns - entre outras -, todas elas moi gratas , para visitar á capital da nosa provincia, é a exposición que baixo o título "As cores da alma", presenta ata o vindeiro día 20 deste mes, no Palacete das Mendoza - Rúa de Santa María, s/nº -, o pintor baionés, Caíno Vasconcellos Cabral.

  Caíno levou ata Pontevedra unha treintena de cadros, de diferentes formatos e temática, nos cales predomina á figura humana, ainda que tamén podemos ademirar paisaxes. En calquer caso, toda á obra que expón na capital da provincia, posúe o inconfundible cromatismo e o persoalísimo estilo de Caíno.

 HORARIOS DE VISITAS: 

 De luns a venres, de 8:00 a 20:00 h.

 Sábados de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario