A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, co delegado territorial da Xunta en Pontevedra e a alcaldesa, visitou as obras na PO-552 ao seu paso por este lugar de Viladesuso
A Xunta de Galicia rematará este mesmo mes as obras de canalización do río Seco que achegan a solución definitiva ás enchentes en Oia
Esta actuación, supón un investimento de 120.000 euros, permitirá dar maior capacidade ao rio ao seu paso baixo a estrada autonómica PO-552 e recuperar o seu cauce
Nesa mesma estrada a Xunta de Galicia está a acometer un reforzo de firme no municipio de Oia, onde en total o Goberno galego está a investir máis de 220.000 euros
A conselleira de Infraestruturas destaca tamén a obra rematada rematou no mes de marzo de remodelación do carril bici entre Baiona e A Guarda
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, co delegado territorial da Xunta en Pontevedra e a alcaldesa, visitou as obras na PO-552 ao seu paso por este lugar de Viladesuso
Infogauda / Oia
A Xunta de Galicia esta a executar as obras de renovación de drenaxe transversal na estrada que une Vigo e Tui, a PO-552, ao seu paso por este lugar de Viladesuso no Concello pontevedrés de Oia. Unha actuación, que estará rematada a finais deste mesmo mes, e que suporá a solución definitiva da canalización do río Seco, e que supón un investimento de máis de 120.000 euros.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, supervisou hoxe esta actuación, onde destacou que, só na PO-552 e, concretamente, en Oia, se está a falar dun investimento do Executivo autonómico que supera os 220.000 euros e que busca minimizar riscos e que os veciños poidan facer os seus desprazamentos cotiás, cara a Vigo e cara á Guarda e Tui, dun xeito máis cómodo e seguro.
Ethel Vázquez subliñou que esta obra realízase na parte das infraestruturas viarias que non se ve, pero que son igual de importantes, xa que evitan inundacións e manteñen en perfectas condicións as estradas, co que inciden na seguridade viaria.
Neste punto existe un desnivel que fai que as augas descorran con forza, arrastrando cantidades de pedras que chegan a obstruír o actual sistema de drenaxe, para arranxar esta situación levarase a cabo unha nova canalización para atravesar a estrada, para elo será necesario construír un caixón de formigón con suficiente capacidade de desaugue, seguindo a traza do leito orixinal do río.
Esta obra completarase coa execución dunha balsa de retención á entrada da drenaxe e a colocación dunha rexa de alta resistencia para evitar a entrada de sólidos; ademais de deixar habilitado un paso que facilite a súa limpeza e mantemento.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda leva dende o ano 2015 realizando unha actuación, provisional, de limpeza da canalización e de colocación dunha tubaxe de maior diámetro, que incrementa a capacidade do sistema de evacuación de augas desta estrada e evitar os posibles taponamentos.
En relación a mellora da seguridade viaria na PO-552, ao seu paso por este municipio, levarase a cabo outra actuación que está a executar a Xunta, como e o reforzo localizado de firme ao longo de 2,5 quilómetros no se se investirán os outros 100.000 €.
Tamén se referiu a unha obra moi destacable pola súa singularidade, que se rematou no mes de marzo, como foi a remodelación do carril bici entre Baiona e A Guarda, para adecualo mellor aos distintos usuarios e incrementar a súa seguridade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario