CULTURA
O ESCRITOR RAMÓN CARIDE PRESENTA “TERRA QUEIMADA”
O sábado día 14 de outubro, ás 20:00 h., na Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos
Infogauda / Camposancos
O vindeiro sábado día 14 de outubro ás 20:00 h., o salón de actos da Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, acollerá a presentación do libro “Terra queimada”, do escritor Ramón Caride Ogando, no que ademáis do autor, o acto tamén contará coa participación do poeta, escritor e xornalista, Francisco Álvarez - Koki.
Animador de diferentes actividades culturais, foi o primeiro presidente (1994-1997) da Asociación A Santa Compaña, de Cambados, onde reside, sendo un dos promotores da revista homónima.
Ademais de haber colabourado como columnista en diferentes xornais, posúe unha abondosa carreira literaria, tanto en poesía, como en narrativa, literatura infanto-xuvenil, ensaio,...
Súa obra ten sido recoñecida con diferentes galardóns, como o Premio Blanco Amor (1992), por Soños eléctricos; Premio de Poesía Cidade de Ourense (1994), por Flor no deserto; Premio Merlín (1995), por Perigo vexetal; Accésit do Premio Miguel González Garcés (1998), por Xeografías do sal; Premio Risco de Literatura Fantástica (2003), por O sangue dos camiños; Premio Literario Frei Martín Sarmiento (de 11 a 13 anos), por A negrura do mar; Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey (2007), por O frío azul; Premio Frei Martín Sarmiento de 1º e 2º de Primaria (2014), por A pomba dona Paz.
“Terra queimada”

Ningún comentario:
Publicar un comentario