11 de set. de 2017

DEPORTES

ATLETISMO

MANUEL FLORES CERQUEIRA, CAMPIÓN GALEGO DE MEDIA MARATÓN 

O atleta guardés participou na categoría M-60


Manuel Flores coa medalla de ouro

Infogauda / Redacción

 O Concello de Santa Uxía de Riveira e a Federación Galega de Atletismo, organizaron conxuntamente o domingo día 10 de setembro de 2017, o I Medio Maratón Riveira 21 e o XXVII Campionato de Galicia de Media Marathón, nas categorías absoluto, junior, promesa e veteranos. 

Saída de Aguiño

 A proba disputouse sobre unha distancia homologada de 21.097 qm. cunha participación de preto de catrocentos atletas. O percorrido, con saída ás 10.00 horas desde o Porto de Aguiño, pasando por Castiñeiras, Touro, Riveira, Malecón, Paseo Marítimo de Coroso e Paseo das Carolinas, para completar dúas voltas a un circuíto urbano desde o dique de Riveira ata a zona de Coroso.  En todo o percorrido estaba moi animado polo público asistente que non se cansaba de animar aos participantes e creando un bo ambiente. 

O alcalde de Riveira, Manuel Ruiz Rivas entrega a medalla de ouro a Manuel Flores Cerqueira

Manuel Flores Cerqueira no podium acompañado por Xoan Ramón Fernández Garrido e Juan Cameán Lampón

 O atleta guardés, Manuel Flores Cerqueira, representando á Sociedade Atlética do Trega, cun rexistro de 1.27.38 e cun ritmo de 4:09 qm. obtivo a medalla de ouro, e proclamouse Campión Galego na categoría M-60. O pódium completouse con Xoan Ramón Fernández Garrido, de Atletismo Milladoiro, con un tempo de 1.28.38 (medalla de prata), e Juan Cameán Lampón, de Veteranos Samil, con  un crono de 1.34.59 (medalla de bronce). 

 Un novo éxito para o Atletismo guardés!



Ningún comentario:

Publicar un comentario